Pterocles
| Pterocles | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Spotted sandgrouse | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Especie tipo | |||||||||||||||
| 'Tetrao alchata (hoxe Pterocles alchata) Linnaeus, 1766 | |||||||||||||||
| Especies | |||||||||||||||
|
Ver texto | |||||||||||||||
Pterocles é un xénero de aves da familia dos pteróclidos, chamadas gangas[1] ou cortizois[2]. Inclúe todas as especies da familia excepto dúas especies de Asia central do xénero Syrrhaptes (como a ganga das estepas[3]).
Estas gangas teñen cabezas e pescozos pequenos como os das pombas, pero corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e bicudas e ás veces tamén son así as colas. As patas están emplumadas ata as dedas, pero, a diferenza das especies do xénero Syrrhaptes, as dedas non teñen plumas.
As especies de Pterocles teñen un voo rápido e directo, e as bandadas voan ao amencer e solpor ás pozas de auga.
Poñen dous ou tres ovos directamente no chan. Son de cor beixe ou verdoso con marcas crípticas. Todas as especies son residentes.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero Pterocles foi introducido en 1815 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck.[4] O zoólogo inglés George Robert Gray designou despois a ganga de barriga branca (hoxe Pterocles alchata) como especie tipo.[5][6] O nome do xénero significa 'á espléndida', do grego pteron, 'á' e -klēs, 'notable, espléndida'.[7]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero contén 14 especies existentes:[8]
| Imaxe | Nome común | Nome científico | Distribución |
|---|---|---|---|
| ganga de barriga branca | Pterocles alchata | Norte de África e Oriente Próximo, Turquía, Irán, Iraq e Casaquistán, España, Portugal | |
| Pterocles namaqua | Angola, Namibia, Zimbabwe, Botswana, Lesotho e Suráfrica | ||
| Pterocles exustus | África do norte e central e sur de Asia | ||
| Pterocles senegallus | Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Sudán, Exipto, Eritrea, Somalia, Etiopía, Xibutí, Mali, Mauritania, Chad e Níxer | ||
| ganga de barriga negra | Pterocles orientalis | Iberia, noroeste de África, as illas Canarias, Turquía, Irán, Chipre e Israel | |
| Pterocles coronatus | Norte de África e Oriente Próximo | ||
| Pterocles gutturalis | Angola, Botswana, Eritrea, Etiopía, Kenya, Namibia, Suráfrica, Tanzania, Zambia e Zimbabwe. | ||
| Pterocles burchelli | Angola, Namibia, Botswana, Zambia, Zimbabwe e Suráfrica | ||
| Pterocles personatus | Madagascar | ||
| Pterocles decoratus | Etiopía, Kenya, Somalia, Tanzania e Uganda. | ||
| Pterocles lichtensteinii | Alxeria, Chad, Xibutí, Exipto, Eritrea, Etiopía, Libia, Mali, Mauritania, Marrocos, Níxer, Senegal, Somalia, Sudán, Uganda, Irán, Iraq, Xordania, Omán, Paquistán, Palestina, Arabia Saudita, Israel, Emiratos Árabes Unidos e Iemen. | ||
| Pterocles bicinctus | sur de África. | ||
| Pterocles indicus | Bangladesh, India e Paquistán. | ||
| Pterocles quadricinctus | África desde Mauritania e Camerún e ao leste ata Sudán e Uganda | ||
Ademais, coñécese unha especie fósil, Pterocles bosporanus, do Plistoceno temperán de Crimea.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Definición de Pterocles no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Temminck, Coenraad Jacob (1815). Histoire Naturelle Générale des Pigeons et des Gallinacés (en French) 3. Amsterdam: J. C. Sepp et fils. pp. 238, 712.
- ↑ Gray, George Robert (1840). A List of the Genera of Birds : with an Indication of the Typical Species of Each Genus. Londres: R. and J.E. Taylor. p. 62.
- ↑ Peters, James Lee, ed. (1937). Check-List of Birds of the World 3. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 3.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 322. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xaneiro de 2022). "Turacos, bustards, cuckoos, mesites, sandgrouse". IOC World Bird List Version 12.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 14 de agosto de 2022.
- ↑ Zelenkov, N. V. (2023-08-01). "A New Species of Sandgrouse (Aves: Pteroclidae) from the Early Pleistocene of the Crimea". Doklady Biological Sciences (en inglés) 511 (1): 264–266. ISSN 1608-3105. PMID 37833584. doi:10.1134/S0012496623700497.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeos de gangas na Internet Bird Collection