Psophia crepitans
Aparencia
| Psophia crepitans | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Psophia crepitans Carl von Linné 1758 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
|
Nome común
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Período de incubación
| |||||||||||
|
Tamaño da niñada
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Gruiformes | ||||||||||
| Familia | Psophiidae | ||||||||||
| Xénero | Psophia | ||||||||||
| Especie | P. crepitans | ||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
A Psophia crepitans é unha ave da orde das gruiformes (Gruiformes) e familia dos psofíidos (Psophiidae) que habita no norte da conca do Amazonas, en Colombia, Venezuela, o Brasil, as Güianas e o nordeste do Perú.[1]
De entre 48 a 56 cm de lonxitude e peso medio de 1,3 kg, o seu pescozo é longo, así como as súas patas, e a plumaxe é negra con reflexos azuis.[1][2]
É unha ave gregaria, que fai o seu niño nos ocos das árbores, poñendo as femias 3 ou 4 ovos brancos, que chocan todos os membros dun grupo de cinco ou máis paxaros.
Aliméntanse de insectos e froitas.[3]
Os amerindios utilízano para cazar serpes e como sentinela, especialmente dos patos, xa que é doado de domesticar.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Holyoak, David; Colston, P. R. (2003). "Trumpeters". En Chris Perrins. The Firefly Encyclopedia of Birds. Firefly Books. p. 213. ISBN 1-55297-777-3.
- ↑ Archibald, George W. (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. Merehurst Press (Londres). p. 98. ISBN 1-85391-186-0.
- ↑ Hilty, Steven L.; Brown, William L. (1986). A Guide to the Birds of Colombia. Princeton University Press. p. 134. ISBN 0-691-08371-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Psophia crepitans |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Psophia crepitans |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeos en Internet Bird Collection
- Gray-Winged Trumpeter en National Aviary.
