Pseudotsuga é un xénero de coníferas dentro da familia das pináceas. En galego adoitan chamarse abetos de Douglas, malia non sere realmente abetos. Hai cinco especies, dúas no oeste de América do Norte, unha en México e dúas no leste de Asia. As pseudotsugas plantearon problemas de clasificación aos botánicos do século XIX por mor á semellanza que presentan con outras coníferas coñecidas no seu tempo, o que orixinou que unhas veces foran clasificadas en Pinus, Picea, Abies, Tsuga, e incluso nas Sequoia. Por mor aos seus conos distintivos, os abetos de Douglas finalmente foron clasificados no novo xénero Pseudotsuga (que significa "falso Tsuga") polo botánicofrancésCarrière en 1867.
En Galicia atopamos algún exemplar de abeto de Douglas común (Pseudotsuga menziesii) nos arboredos e xardíns de pazos e castelos principalmente.
Pseudotsuga menziesii var. glauca - Abeto de Douglas de montaña ou de interior, que se atopa no oeste do continente mais na zona interior, espallándose terras adentro cara Calgary, Alberta.[2] Algúns botánicos dividen a pseudotsuga de montaña en dúas variedades, a var. glauca nas montañas Rochosas meridionais e var. caesia na parte norte das Rochosas.
Pseudotsuga menziesii var. menziesii - Abeto de Douglas verde, ou da costa do Pacífico. Acadou alturas de 120 metros. Esa foi a altura calculada da conífera máis alta rexistrada, o Mineral Tree de Mineral (Washington), medida en 1924 polo Doutor Richard E. McArdle,[3] xefe do Servizo Forestal dos EUA.[4] O volume daquela árbore foi de 515 m3. O exemplar existente máis alto é o abeto Brummitt (Doerner) no condado de Coos (Oregón), de 99,4 metros de alto.[5] Só a sequoia vermella[6] acada maiores alturas en árbores que se coñezan actualmente. En Quinault, Washington, atópase unha colección dos meirandes abetos de Douglas nunha soa zona. A fraga chuviosa de Quinault acolle a maior parte dos dez abetos de Douglas máis altos que se coñecen.
Mario Ludwig, Harald Gebhard, Herbert W. Ludwig, Susanne Schmidt-Fischer: Neue Tiere & Pflanzen in der heimischen Natur - Einwandernde Arten erkennen und bestimmen, BLV Verlagsgesellschaft München, ISBN 3-405-15776-5.