Pseudemys nelsoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pseudemys nelsoni
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Familia: Emydidae
Subfamilia: Deirochelyinae
Xénero: Pseudemys
Especie: P. nelsoni
Nome binomial
Pseudemys nelsoni
Carr, 1938
Sinonimia[1]
  • ? Deirochelys floridana
    Hay, 1908
  • ? Trachemys jarmani Hay, 1908
  • Pseudemys nelsoni Carr, 1938
  • Pseudemys rubriventris nelsoni — Mertens, 1951
  • Chrysemys (Pseudemys) nelsoni — McDowell, 1964
  • Chrysemys rubriventris nelsoni — Obst, 1983

Pseudemys nelsoni é unha especie de tartaruga da familia Emydidae que é endémica de Florida e Xeorxia, nos Estados Unidos de América.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome específico nelsoni déuselle na honra do biólogo norteamericano George Nelson (nado en 1873).[2]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

É unha especie principalmente herbívora, e pode encontrarse en case todos o stiios de hábitats acuáticos. Abunda en regatos de mananciais, e ocasionalmente pode encontrarse en augas salobres. Esta especie é activa todo o ano e pasa unha gran parte do día tomando o sol sobre troncos. Pon de 12 a 30 ovos nos seus niños e nalgunhas ocasións deixa os seus ovos en niños de aligátor. É un parente próximo de Pseudemys floridana e ás veces toman o sol xuntas.

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie pode distinguirse doutras tartarugas similares polo seu distintivo plastron avermellado e dúas cúspides no seu bico superior (parecen dentes). Como a maioría das Pseudemys, esta especie é unha tartaruga de ríos relativamene grandes. A lonxitude da coiraza nos individuos maduros vai de 20,3 a 37,5 cm.[3] As femias teñen unha lonxitude media da coiraza de 30,5 cm e un peso de 4 kg, e son bastante máis grandes que os machos, que son duns 25 cm e 1,8 kg.[4][5]

Exportación[editar | editar a fonte]

É unha especie que se exporta comunmente como alimento e como mascota, e parte dos individuos exportados son capturados na natureza e outra parte criados en catividade comercialmente.

A maioría das estatísticas de exportación nos Estados Unidos (como as do World Chelonian Trust de 2002-2005) simplemente designan as tartarugas exportadas polo seu xénero, Pseudemys, sen identificar a especie.[6]

Femia tomando o sol

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fritz, Uwe; Havaš, Peter (2007). "Checklist of Chelonians of the World" (PDF). Vertebrate Zoology 57 (2): 195. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2010. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  2. Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Pseudemys nelsoni, pp. 188-189).
  3. Savannah River Ecology Laboratory. University of Georgia
  4. The IUCN Red list - Pseudemys nelsoni
  5. "BREEDING TURTLES - Pseudemys nelsoni". www.breedingturtles.com. Consultado o 2022-02-24. 
  6. Declared Turtle Trade From the United States - Pseudemys sp.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carr, A.F. (1938). "Pseudemys nelsoni, a New Turtle from Florida". Occ. Pap. Boston Soc. Nat. Hist. 8: 305-310. (Pseudemys nelsoni, new species).
  • Ernst, C.H., R.W. Barbour, J.E. Lovich (1994). Turtles of the United States and Canada. Washington, District of Columbia: Smithsonian Institution Press.
  • Hubbs, C. (1995). "Springs and spring runs as unique aquatic systems". Copeia 1995 (4): 989-991.
  • Reed, R.N., J.W. Gibbons (2004). "Conservation status of live U.S. nonmarine turtles in domestic and international trade" – a report to: U.S. Department of the Interior and U.S. Fish and Wildlife Service. Aiken, South Carolina, Savannah River Ecology Lab: 1-92.