Proximal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En anatomía, o termo proximal (T.A.: proximalis, do latín proximus, "próximo") é un adxectivo que indica proximidade cara ao punto de orixe ou inserción dun órgano, unha parte, ou calquera punto de referencia.[1][2][3] Por exemplo, a coxa é máis proximal ao corpo que o , ou a perna é proximal ao pé.

En odontoloxía, refírese á superficie dun dente contigua á do dente adxacente.

É o termo oposto a distal.[2][3]

Estruturas nas que se usa o termo[editar | editar a fonte]

  • Arco transverso proximal do pé (T.A.: arcus pedis transversus proximalis), parte proximal dun dos tres arcos que forman a bóveda plantar.
  • Falanxe proximal dos ósos dos dedos da man e os ósos dos dedos do pé (T.A.: phalanx proximalis), primeira falanxe dos dedos da man ou dos dedos do pé.
  • Articulación radiocubital proximal (T.A.: articulatio radioulnaris proximalis), parte da articulación do cóbado.
  • Cara proximal (T.A.: facies approximalis) do dente.
  • Porción proximal da próstata (T.A.: pars proximalis prostatae).
  • Porción supracolicular da uretra (T.A.: pars proximalis urethrae prosticae).
  • Arterias estriadas mediais proximais (T.A.: arteriae striatae mediales proximales), ramas da arteria cerebral anterior.
  • Ramas estriadas proximais laterais das arterias centrais anterolaterais (T.A.: rami striati proximales laterales arteria centralium anterolateralium), ramas á súa vez da arteria cerebral media.
  • Ganglio proximal, un dos ganglios linfáticos inguinales profundos (T.A.: nodus lymphaticus inguinales profundi proximalis).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. proximal, no Dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 proximal, no Diccionario galego de termos médicos.
  3. 3,0 3,1 "Proximal". Diccionario Enciclopédico Ilustrado de Medicina 5 (27ª ed.). McGraw Hill Interamericana. 1996. p. 1420. ISBN 84-7615-987-0.