Saltar ao contido

Provitamina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha provitamina é unha substancia que pode converterse dentro do corpo nunha vitamina.[1] O termo previtamina é un sinónimo.[2]

O termo "provitamina" adoita usarse para referirse a unha substancia con pouca ou ningunha actividade de vitamina, pero que pode converterse nunha forma activa por procesos metabólicos normais.

Algunhas provitaminas son:

  • "Provitamina A" é outro nome que recibe o β-caroteno,[1] que ten só aproximadamente 1/6 da actividade biolóxica do retinol (vitamina A); o corpo usa un encima para conveter o β-caroteno en retinol. Noutros contextos, tanto o β-caroteno coma o retinol son simplemente considerados diferentes formas de (vitámeros) da vitamina A.
  • "Provitamina B5" é outro nome para o pantenol, que pode ser convertido no corpo en vitamina B5 (ácido pantoténico).
  • A menadiona é unha provitamina sintética da vitamina K.
  • A provitamina D2 é o ergosterol, e a provitamina D3 é o 7-deshidrocolesterol. Ambas son convertidas pola luz UV en vitamina D.[1] O corpo humano produce provitamina D3 naturalmente; a deficiencia adoita ser causada por unha falta de exposición ao sol, non por unha falta da provitamina.[3]
  1. 1,0 1,1 1,2 "provitamin" – vía The Free Dictionary. 
  2. "Dictionary definition of previtamin. Consultado o 2014-02-05". 
  3. "Office of Dietary Supplements - Vitamin D". ods.od.nih.gov (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2020. 



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.