Provincia de Westfalia
| Westfalen (de) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Territorio ocupado | Zona de ocupación soviética en Alemaña | ||||
| Estado federado | Estado Libre de Prusia | ||||
| Capital | Münster | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.784.000 | ||||
| Lingua oficial | lingua alemá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 20.215 km² | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 30 de abril de 1815 | ||||
| Disolución | 23 de agosto de 1946 | ||||
| Sucedido por | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen | ||||
A provincia de Westfalia (en alemán Provinz Westfalen) foi unha provincia do reino de Prusia e do Estado Libre de Prusia desde 1815 a 1946.
Historia
[editar | editar a fonte]Napoleón Bonaparte fundou o reino de Westfalia, que foi un estado vasalo do Primeiro Imperio francés entre 1807 e 1813. Este estado compartía só o nome coa rexión histórica, consistindo principalmente das rexións de Hesse e Eastfalia, e unha parte relativamente pequena da rexión de Westfalia.
Malia que Prusia tiña historicamente posesións no territorio de Westfalia, o rei Frederico Guillerme III preferiría incorporar primeiramente o reino de Saxonia. Non foi até o Congreso de Viena en 1815 cando se fixo realidade a provincia de Westfalia. A provincia formouse de distintos territorios:
- rexións en Westfalia baixo goberno prusiano anteriores a 1800 (o principado de Minden, os condados de La Marck, Ravensberg e Tecklenburgo).
- o bispado de Münster e o bispado de Paderborn, adquiridos por Prusia en 1802-03
- o pequeno condado de Limburgo, adquirido en 1808
- o Ducado de Westfalia, posto baixo goberno prusiano tralo Congreso de Viena. As partes máis setentrionais do ducado, incluída a poboación de Osnabrück, convertéronse en parte dos estado de Hannóver e Oldemburgo.
- os principados de Sayn-Wittgenstein: Hohenstein e Berleburg, xunto co principado de Nassau-Siegen (en 1817)
En 1816, o distrito de Essen foi transferido á provincia do Rin.
Economía
[editar | editar a fonte]- 1907
- 18 % agricultura
- 59 % industria
- 11 % comercio
Despois da segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Despois da segunda guerra mundial, a provincia foi unida coa metade setentrional da provincia do Rin para formar o estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia en 1946, co antigo estado de Lippe en 1947.

