Provincia da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia da Coruña
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°22′N 8°24′O / 43.37, -8.4Coordenadas: 43°22′N 8°24′O / 43.37, -8.4
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia Editar o valor em Wikidata
CapitalA Coruña Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.120.134 (2021) Editar o valor em Wikidata (140,9 hab./km²)
Xeografía
Superficie7.950 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altopico Pilar (802,9 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDeputación da Coruña Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Deputación da Coruña Editar o valor em WikidataValentín González Formoso (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-C Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES111 Editar o valor em Wikidata
Código INE15 Editar o valor em Wikidata

Páxina webwww1.dicoruna.es Editar o valor em Wikidata
Galiciana: 211302

A Coruña[1] é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e está situada no noroeste do país e da Península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. Toma o nome da súa capital, a cidade da Coruña.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A Coruña por Francisco Coello, 1865.
Cantís en Teixido, no concello de Cedeira.

A provincia ten unha superficie de 7.950 km².

Pódese acceder a ela por estrada pola autovía A-6, procedente de Lugo, Castela e León e Madrid, pola autoestrada AP-9, que une a capital da provincia con Ferrol e Santiago de Compostela, prolongándose ata as cidades de Pontevedra e Vigo, ambas na provincia de Pontevedra. Tamén se pode acceder á provincia coa autovía AG-64 procedente de Vilalba (na Terra Chá, Lugo), onde enlaza coa A-8 que se prolonga ata Asturias, Cantabria e o País Vasco.

Por ferrocarril, son catro as liñas que chegan. Tres delas son de RENFE: Dúas veñen de Castela e León. Unha vén de León e entra a Galiza por Monforte de Lemos, e de alí a Lugo e A Coruña, e outra que vén de Zamora, entra a Galiza por Ourense, continuando por Santiago e A Coruña (liña dobre AVE e mercadorías electrificada). A terceira liña de Renfe é o corredor atlántico, que une Vigo coa Coruña. Por outro lado, FEVE ten unha liña de vía estreita que entra en Galiza cruzando a ría de Ribadeo, desde Asturias, acabando en Ferrol estación á que tamén chega RENFE.

Por aire, son dúas as portas de entrada: o aeroporto da Lavacolla, preto de Santiago de Compostela, e o aeroporto de Alvedro, xunto á cidade da Coruña.

Por mar, os dous principais portos son o porto da Coruña e o porto de Ferrol; ambos reciben habitualmente buques de pasaxeiros.

Ríos[editar | editar a fonte]

Fervenza do Ézaro.
Fragas do Eume.

Os principais ríos da provincia son:

Rías e praias[editar | editar a fonte]

Ría de Arousa

As principais rías da provincia son:

A provincia da Coruña ten 49 praias con bandeira azul das 128 que hai en toda Galiza[2].

Clima[editar | editar a fonte]

A provincia ten un clima oceánico, caracterizado por ser temperado e húmido. A choivas son abundantes, sobre todo no inverno. Ten estacións suaves, cunha temperatura media en inverno de 10 °C e de 20 °C en verán.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o IGE, en 2020 vivían na provincia da Coruña 1 121 815 persoas, das que 411 012 o facían nalgunha das tres grandes urbes da provincia (A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol).

Comarcas e concellos da provincia da Coruña

Comarca da Coruña - Comarca de Santiago - Comarca de Ferrol - Comarca de Bergantiños - Comarca do Barbanza - Comarca de Betanzos - Comarca de Ordes - Comarca de Noia - Comarca do Eume - Comarca de Fisterra - Comarca da Terra de Soneira - Comarca de Arzúa - Comarca do Sar - Comarca do Xallas - Comarca de Muros - Comarca do Ortegal - Comarca da Terra de Melide - Comarca da Barcala
Concellos máis poboados (2020)[3]
# Concello Poboación
A Coruña 247.604
Santiago de Compostela 97.848
Ferrol 65.560
Narón 39.056
Oleiros 36.534
Arteixo 32.738
Ames 32.104
Carballo 31.429
Culleredo 30.685
10ª Ribeira 26.848
11ª Cambre 24.594


Durante todo o século XX a poboación da provincia non deixou de medrar manténdose dende finais do século XX e no prinicio do XXI superando o millón de habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Catedral de Santiago.

As maiores atraccións culturais e turísticas da provincia son a Catedral de Santiago de Compostela e a Torre de Hércules ambos monumentos declarados patrimonio da humanidade pola Unesco.

Algúns dos museos da provincia da Coruña:

Universidades[editar | editar a fonte]

Na provincia hai dúas universidades, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, amais dos centros asociados da UNED.

Economía[editar | editar a fonte]

Obras, Porto Exterior da Coruña abril 2009.

Na provincia da Coruña teñen a súa sede as seguintes empresas:

Enerxía[editar | editar a fonte]

Entre os concellos de Arteixo e A Coruña está a única refinaría que hai en Galiza. A Refinaría da Coruña de Repsol ten capacidade para refinar 180.000 barrís diarios. Na provincia hai máis dun xiga vatio de potencia enerxética en parques eólicos. Hai dúas centrais térmicas de carbón para producir electricidade. Unha é a Central térmica das Pontes con 1.400 mega vatios de potencia e a outra a Central térmica de Meirama de 563 mega vatios, as dúas queimando carbón de importación. Á capacidade eléctrica súmase nos últimos anos dúas plantas de ciclo combinado (gas-vapor). Unha nas Pontes con 800 mega vatios de potencia e outra en Sabón de 400 mega vatios xunto á térmica de fuel oil de 480 mega vatios. Na ría de Ferrol está a planta regasificadora de Reganosa. Súmase a potencia hidráulica dos encoros da provincia.

Portos e aeroportos[editar | editar a fonte]

A provincia ten dous aeroportos, o Aeroporto da Lavacolla e o de Alvedro. Entre os portos destacan o Porto da Coruña e o de Ferrol.

Concellos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de concellos da Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lei 2/1998, do 3 de marzo" (PDF). BOE. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  2. La provincia de A Coruña recibe 49 banderas azules en sus playas laopinioncoruna.es
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]