Protocolo de Información de Enrotamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O protocolo de enrutamento dinámico RIP (Routing Information Protocol) é un protocolo IGP (Interior Gateway Protocol) definido no RFC 1058 da IETF.[1] Mediante o mesmo, os routers intercambian información de xeito dinámico, podendo así decidir cal é a mellor rota nun intre concreto.

Emprega o algoritmo de enrotamento de Bellman-Forf, que é o que se usou orixinariamente na ARPANET. RIP é un protocolo de enrutamento de vector de distancia que emprega como métrica o número de saltos (hops en inglés). Ten as seguintes características:

  • O máximo número de saltos permitido é de 15. Se a distancia a un destino fose superior a 15, consideraríase inalcanzable.
  • Envía a táboa de rutas completa cada 30 segundos.
  • Para previr bucles emprega as técnicas de split horizon, route poisoning e holddown timers.
  • Ten un tempo de converxencia alto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. C. Hedrick (Xuño de 1988). IETF, ed. «Routing Information Protocol» (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2015.