Protestas de Sri Lanka de 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Protestas contra o goberno de Sri Lanka en 2022.

As protestas de Sri Lanka de 2022 son unha serie de protestas en curso por parte da sociedade civil de Sri Lanka e dos partidos políticos da oposición cara ao goberno do presidente Gotabaya Rajapaksa. Os motivos da revolta son a mala xestión económica da economía ceilanesa, resultante nunha grave crise económica, inflación, apagóns diarios de entre dez días e trece horas, escaseza de combustíbel e de bens esenciais[1].

A resposta dos gobernantes ás protestas inclúen a declaración do Estado de emerxencia, permitindo aos militares o arresto de civís; a imposición de confinamentos, a restrición do acceso aos medios de comunicación, a detención de xornalistas, protestantes e activistas nas redes sociais. O goberno de Sri Lanka tamén incumpriu a constitución do país ao censurar e intentar reprimir as protestas.

As protestas comezaron o 15 de marzo de 2022 en Colombo, a capital do país[2]. En xullo de 2022, centenares de protestantes entraron á forza na residencia do Presidente Rajapaska e do Primeiro Ministro Ranil Wickremesinghe[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]