Proteína S

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proteína S
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
SímbolosPROS1 (HGNC: 9456) PROS, PS21, PS22, PS23, PS24, PS25, PSA, THPH5, THPH6, proteína S (alfa), proteína S
Identificadores
externos
LocusCr. 3 q11.1
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
5627 19128
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P07225 Q08761
RefSeq
(ARNm)
NM_000313 NM_011173
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000304 NP_035303
Localización (UCSC)
Cr. 3:
93.87 – 93.97 Mb
Cr. 16:
62.85 – 62.93 Mb
PubMed (Busca)
5627


19128

A proteína S é unha glicoproteína do plasma dependente da vitamina K sintetizada no fígado. Non debe confundirse coa "proteína S do complemento" (Complement S-protein ou S-protein), tamén chamada vitronectina.[1] Na circulación sanguínea a proteína S dependente da vitamina K existe en dúas formas: unha forma libre e unha forma complexa unida á proteína do sistema de complemento proteína fixadora de C4b (C4BP).[2] Nos humanos a proteína S está codificada no xene PROS1 do cromosoma 3.[3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

A proteína S recibe ese nome pola cidade estadounidense de Seattle, no estado de Washington, onde foi descuberta e purificada en 1979.[5][6]

Estrutura[editar | editar a fonte]

A proteína S é en parte homóloga doutras proteínas plasmáticas de coagulación dependentes da vitamina K, como a proteína C e os factores VII, IX e X. Igual que elas ten un dominio Gla e varios dominios de tipo EGF (catro en vez de dous), pero non ten un dominio de serina protease. No seu lugar ten un gran dominio C-terminal que é homólogo ao das proteínas que se unen a hormonas esteroides como a globulina que se une a hormonas sexuais e a globulina que se une a corticosteroides. Dito dominio pode xogar un papel nas funcións da proteína como cofactor da proteína C activada (APC) ou na súa unión a C4BP.[7][8]

Ademais, a proteína S ten un péptido entre o dominio Gla e o dominio de tipo EGF, que é clivado pola trombina. Os dominios Gla e EGF permanecen conectados despois da clivaxe por unha ponte disulfuro. Porén, a proteína S perde a súa función como cofactor da APC despois da súa clivaxe ou da súa unión a C4BP.[9]

Función[editar | editar a fonte]

A función mellor caracterizada da proteína S é o seu papel na vía de anticoagulación, onde funciona como un cofactor da proteína C na activación dos factores Va e VIIIa. Só a forma libre desempeña a función de cofactor.[10]

A proteína S pode unirse a fosfolípidos cargados negastivamente por medio do seu dominio Gla carboxilado. Esta propiedade permite que a proteína S funcione na eliminación de células que están sufrindo apoptose. A apoptose é unha forma de morte celular programada que se utiliza para eliminar dos tecidos células danadas indesexables. As células que son apoptóticas xa non controlan activamente a distribución de fosfolípidos na súa membrana plasmática e, por tanto, empezan a mostrar fosfolípidos cargados negativamente, como a fosfatidil serina, na superficie celular. En células sas, un encima dependente de ATP (adenosín trifosfato) elimínaos da capa externa da bicapa da membrana plasmática. Estes fosfolípidos cargados negativamente son recoñecidos polos fagocitos, como os macrófagos. A proteína S pode unirse a fosfolípidos cargados negativamente e funciona como molécula ponte entre a célula apoptótica e o fagocito. A propiedade de formar estas pontes da proteína S mellora a fagocitose da célula apoptótica, que pode ser eliminada 'limpamente', sen ningún síntoma de dano no tecido como a inflamación.[11]

A proteína S dependente da vitamina K e o regulador do complemento proteína fixadora de C4b (C4BP, do inglés C4b binding protein) forman un complexo de alta afinidade no plasma sanguíneo. Este complexo pode unirse a neutrófilos e a células apoptóticas.[12]

Patoloxía[editar | editar a fonte]

As mutacións no xene PROS1 poden orixinar unha deficiencia de proteína S, que é un raro trastorno sanguíneo que pode levar a un incremento do risco de trombose.[13][14]

Interaccións[editar | editar a fonte]

A proteína S interacciona co factor V.[15][16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. OMIM. Cita: "S-protein is not to be confused with protein S (176880)". Vitronectin = Complement S-protein = S-protein
  2. Robbert H. L. van de Poel, Joost C. M. Meijers and Bonno N. Bouma. Interaction between Protein S and Complement C4b-binding Protein (C4BP). Affinity studies using chimeras containing C4BP β-chain short consensus repeats. doi: 10.1074/jbc.274.21.15144. May 21, 1999. The Journal of Biological Chemistry 274, 15144-15150. [1]
  3. Lundwall A, Dackowski W, Cohen E, Shaffer M, Mahr A, Dahlbäck B, Stenflo J, Wydro R (September 1986). "Isolation and sequence of the cDNA for human protein S, a regulator of blood coagulation". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 83 (18): 6716–20. Bibcode:1986PNAS...83.6716L. PMC 386580. PMID 2944113. doi:10.1073/pnas.83.18.6716. 
  4. Long GL, Marshall A, Gardner JC, Naylor SL (January 1988). "Genes for human vitamin K-dependent plasma proteins C and S are located on chromosomes 2 and 3, respectively". Somat. Cell Mol. Genet. 14 (1): 93–8. PMID 2829367. doi:10.1007/BF01535052. 
  5. Mohammad Muhsin Chisti. Protein S Deficiency. Medscape
  6. Lutfi Suleiman, Claude Négrier, Habib Boukerche. Protein S: A multifunctional anticoagulant vitamin K-dependent protein at the crossroads of coagulation, inflammation, angiogenesis, and cancer. Critical Reviews in Oncology/Hematology 88 (2013) 637–654 [2]
  7. Stenflo J (1999). "Contributions of Gla and EGF-like domains to the function of vitamin K-dependent coagulation factors". Critical reviews in eukaryotic gene expression 9 (1): 59–88. PMID 10200912. 
  8. Rosner W (Dec 1991). "Plasma steroid-binding proteins". Endocrinology and metabolism clinics of North America 20 (4): 697–720. PMID 1778174. 
  9. Dahlbäck B, Lundwall A, Stenflo J (Jun 1986). "Primary structure of bovine vitamin K-dependent protein S". Proceedings of the National Academy of Sciences 83 (12): 4199–203. Bibcode:1986PNAS...83.4199D. PMC 323699. PMID 2940598. doi:10.1073/pnas.83.12.4199. 
  10. Castoldi E, Hackeng TM (September 2008). "Regulation of coagulation by protein S". Curr. Opin. Hematol. 15 (5): 529–36. PMID 18695379. doi:10.1097/MOH.0b013e328309ec97. 
  11. Joanna H. Webb, Anna M. Blom and Björn Dahlbäck. Vitamin K-Dependent Protein S Localizing Complement Regulator C4b-Binding Protein to the Surface of Apoptotic Cells. J Immunol September 1, 2002, 169 (5) 2580-2586; DOI: https://doi.org/10.4049/jimmunol.169.5.2580 [3]
  12. Webb JH, Blom AM, Dahlbäck B. The binding of protein S and the protein S-C4BP complex to neutrophils is apoptosis dependent. Blood Coagul Fibrinolysis. 2003 Jun;14(4):355-9. PMID 12945877
  13. Beauchamp NJ, Dykes AC, Parikh N, Campbell Tait R, Daly ME (June 2004). "The prevalence of, and molecular defects underlying, inherited protein S deficiency in the general population". Br. J. Haematol. 125 (5): 647–54. PMID 15147381. doi:10.1111/j.1365-2141.2004.04961.x. 
  14. García de Frutos P, Fuentes-Prior P, Hurtado B, Sala N (September 2007). "Molecular basis of protein S deficiency". Thromb. Haemost. 98 (3): 543–56. PMID 17849042. doi:10.1160/th07-03-0199. 
  15. Heeb, M J; Kojima Y; Rosing J; Tans G; Griffin J H (Dec 1999). "C-terminal residues 621-635 of protein S are essential for binding to factor Va". J. Biol. Chem. (UNITED STATES) 274 (51): 36187–92. ISSN 0021-9258. PMID 10593904. doi:10.1074/jbc.274.51.36187. 
  16. Heeb, M J; Mesters R M; Tans G; Rosing J; Griffin J H (Feb 1993). "Binding of protein S to factor Va associated with inhibition of prothrombinase that is independent of activated protein C". J. Biol. Chem. (UNITED STATES) 268 (4): 2872–7. ISSN 0021-9258. PMID 8428962. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]