Prospero
Prospero / X-3 | |
---|---|
Modelo de Prospero | |
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | RAE |
Data de lanzamento | 28 de outubro de 1971[1][2][3][4] |
Foguete portador | Black Arrow[1][5] |
Sitio de lanzamento | Woomera[1][6] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[1][6] |
NSSDC ID | 1971-093A |
Masa | 65,77 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7290 km[2] |
Inclinación | 82,0º[2] |
Apoapse | 1305,5 km[2] |
Periapse | 533,9 km[2] |
Prospero ou X-3 foi un satélite artificial do Reino Unido lanzado o 28 de outubro de 1971 mediante un foguete Black Arrow desde Woomera (Australia).[1][6][5]
Características[editar | editar a fonte]
Prospero iba ser nomeado orixinalmente como Puck e a súa misión foi probar varias novas tecnoloxías necesarias para satélitesd de comunicacións, como células solares, telemetría e sistemas de enerxía. Tamén levaba un detector de micrometeoritos. Tiña forma de prisma cun diámetro de 1,2 m e unha altura de 0,7 m. A grabadora de a bordo fallou o 24 de maio de 1973, pero o satélite seguiu funcionando. Foi desactivado oficialmente en 1996.[1][6][5]
Prospero foi posto en órbita no último voo de proba do foguete Black Arrow, convertendo a Reino Unido na sexta nación en poñer un satélite en órbita polos seus propios medios.[1][6][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (14 de maio de 2020). "Prospero 1" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "PROSPERO (BLACK ARROW)" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Prospero / X-3" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Letter dated 3 November 1971 from the Permanent Representative of the United Kingdom to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (71-22756). 5 de novembro de 1971: 1. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Prospero (X 3)" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2020). "Prospero" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021.