Prosopographisches Lexikon der Palaiologenzeit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Prosopographisches Lexikon der Palaiologenzeit, abreviado PLP (en galego, «Léxico prosopográfico da era dos paleólogos»), é unha obra de referencia en grego e alemán sobre as persoas relevantes dos últimos dous séculos do Imperio bizantino, desde 1261 até a caída de Constantinopla en 1453, cando o imperio foi gobernado pola dinastía Paleólogo. O traballo é unha fonte completa de biografías e xenealoxías non só dos gregos bizantinos senón tamén de búlgaros, serbios, albaneses, turcos e outros pobos que interactuaron co Imperio bizantino nesa época.[1]

Foi publicada entre 1976 e 1996 pola Academia de Ciencias de Austria, baixo a dirección de Erich Trapp, coa colaboración de Rainer Walther, Hans-Veit Beyer, Katja Sturm-Schnabl, Ewald Kislinger, Sokrates Kaplaneres e Ioannis Leontiadis. Consta de 15 volumes: 12 volumes principais, dous de apéndices e erratas, e un de índice.[2] En 2001, o PLP lanzouse en liña como un servizo baseado en subscrición e un CD.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nicol, D. M. (1980). "Prosopographisches Lexikon der Palaiologenzeit". Byzantinische Zeitschrift (en inglés) (1 ed.) (De Gruyter) 73 (1): 361. Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  2. "Prosopographisches Lexikon der Palaiologenzeit". worldcat.org. Worldcat. Consultado o 21 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]