Saltar ao contido

Propulsión de Alcubierre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Propulsión de Alcubierre
Imaxe
Visualización bidimensional da propulsión de Alcubierre
 Instancia de
 Epónimo
Códigos e identificadores
Freebase/m/09fsy Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A propulsión de Alcubierre, tamén coñecida como motor de Alcubierre ou motor de dobra, é unha idea teórica para un motor de viaxe espacial máis rápida cá luz. O físico teórico mexicano Miguel Alcubierre propuxo esta idea en 1994 a partir das ecuacións de campo de Einstein da relatividade xeral.[1][2]

O principio xeral desta hipótese consiste en crear unha rexión cunha densidade de enerxía inferior á do baleiro, é dicir, con enerxía negativa ou materia exótica, que faría contraer o espazo diante da nave e expandir o espazo detrás dela.[3] En teoría, isto crearía unha burbulla no espazo-tempo arredor da nave, permitindo que esta permanecese localmente en repouso mentres o espazo ao seu arredor se despraza. Deste xeito evitaríase incumprir a regra relativista segundo a cal ningún obxecto pode moverse localmente á velocidade da luz ou máis rápido ca ela, aínda que, visto desde fóra, a nave podería chegar a unha rexión moi afastada do espazo nun tempo menor ca un raio de luz que viaxase polo espazo normal.[4]

A proposta continúa a ser un concepto especulativo, xa que non se coñece un modo práctico de producir e controlar unha burbulla de dobra nin as cantidades e formas de enerxía necesarias para facela funcionar.[5]

  1. Alcubierre, Miguel (1994-05-01). "The warp drive: hyper-fast travel within general relativity". Classical and Quantum Gravity 11 (5): L73–L77. ISSN 0264-9381. doi:10.1088/0264-9381/11/5/001.
  2. "Propulsão de Alcubierre" (PDF). fc.up.pt; Faculdade de Cièncias da Universidade do Porto. Consultado o 24 de xuño de 2026.
  3. M, Vítor (2021-03-06). "Proposta para um novo motor espacial capaz de viajar à velocidade da luz". Pplware (en portugués). Consultado o 2026-06-24.
  4. Carvalho, Patrícia (2023-07-09). "Podemos enviar informações para o passado? E queremos mesmo?". ZAP Notícias - Atualidade, mundo, ciência, saúde, desporto (en portugués). Consultado o 2026-06-24.
  5. Tecnológica, Site Inovação (2021-03-04). "Motor de dobra pode ser construído sem quebrar leis da Física". Site Inovação Tecnológica (en portugués). Consultado o 2026-06-24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.