Progress M1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Progress M1-1»)
Progress M1
Progress M1-4 achegándose á ISS
TipoCarga
FabricanteRAKA[1][2]
Foguete portadorSoiuz U, Soiuz FG[1][2]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[1][2]
Obxectivo da misiónEnvío de carga a estacións espaciais tripuladas.[1][2]
Masa7250 kg[1][2]

Progress M1, tamén coñecida como Progress 7KTGM1 e polo seu índice GRAU como 11F615A55, é unha versión mellorada das naves de carga soviéticas/rusas Progress 7K-TG e, derivadas á súa vez das naves tripuladas Soiuz, utilizadas para levar cargamento (víveres e instrumentos) ás estacións Mir primeiro e ISS despois. As Progress M1 foron o resultado da optimización das naves Progress para levar carga á ISS.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

As naves Progress M teñen un tamaño similar ás Soiuz e unha masa lixeiramente maior. Son capaces de acoplarse automaticamente co seu destino, aínda que se poden pilotar remotamente en caso necesario, e poden usar os seus motores para elevar a órbita da estación.[1][2]

Son lanzadas mediante foguetes Soiuz U e Soiuz FG, os mesmos que lanzan as naves Soiuz, coa diferenza de que non se usa torre de escape ao tratarse de naves non tripuladas. Despois de insertadas en órbita tardan uns dous días en achegarse á estación. Despois de cumprir a súa misión, normalmente tras permanecer dous ou tres meses acopladas, as Progress desacóplanse da estación e reentran na atmosfera, destruíndose. Nalgúns casos poden levar unha pequena cápsula de reentrada no interior do mecanismo de acoplamento e na que os astronautas poden introducir pequenas cargas, como resultados de experimentos científicos, para ser devoltas a terra con seguridade.[1][2]

Nave[editar | editar a fonte]

As Progress están compostas, igual que as Soiuz, por tres módulos:[1][2]

  • O módulo de carga, que nas Progress ocupa o lugar do módulo orbital nas Soiuz. Transporta carga presurizada á que poden acceder os astronautas desde a estación a través do zapón de acoplamento. Á súa vez o módulo énchese con refugallos e desperdicios da estación que se queimarán durante a reentrada da nave.
  • O módulo de reabastecemento de propelente, que ocupa o lugar do módulo de descenso nas Soiuz, é usado para transferir propelente ao sistema de propulsión da estación a través de tubos situadas no sistema de acoplamento. O propelente do módulo de reabastecemento tamén pode ser usado pola Progress mentres está acoplada para exercer tarefas de control de actitude da estación ou para elevar ou diminuír a súa órbita. As Progress M levan dous tanques de combustible e dous de oxidante xunto con dous de auga, mentres que as M1 teñen oito tanques de propelente e ningún de auga.
  • O módulo instrumental e de servizo é parecido ó da Soiuz, coa sección instrumental presurizada o dobre de longo e con aviónica adicional.

As naves poden levar un total de ata 3200 kg, repartidos do seguinte xeito (en cantidades máximas):[2]

  • Carga máxima presurizada: 1800 kg
  • Volume de carga: 6,6 m3
  • Osíxeno e aire: 40 kg
  • Propelente: 1700 kg
  • Propelente sobrante do sistema de propulsión: 250 kg
  • Lixo no módulo de carga: 1600 kg

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Nave[1][2] Data[1][2] Sitio de lanzamento[1][2] Lanzador[1][2] Resultado[1][2] Notas
Progress-M1 1 1 de febreiro de 2000 Cosmódromo de Baikonur Soiuz U Éxito Primeiro voo.
Progress-M1 2 25 de abril de 2000 Cosmódromo de Baikonur Soiuz U Éxito
Progress-M1 3 6 de agosto de 2000 Cosmódromo de Baikonur Soiuz U Éxito
Progress-M1 4 16 de novembro de 2000 Cosmódromo de Baikonur Soiuz U Éxito
Progress-M1 5 24 de xaneiro de 2001 Cosmódromo de Baikonur Soiuz U Éxito
Progress-M1 6 20 de maio de 2001 Cosmódromo de Baikonur Soiuz FG Éxito
Progress-M1 7 26 de novembro de 2001 Cosmódromo de Baikonur Soiuz FG Éxito Lanzada xunto co satélite Kolibri 2000.
Progress-M1 8 21 de marzo de 2002 Cosmódromo de Baikonur Soiuz U Éxito
Progress-M1 9 25 de setembro de 2002 Cosmódromo de Baikonur Soiuz FG Éxito
Progress-M1 10 8 de xuño de 2003 Cosmódromo de Baikonur Soiuz U Éxito
Progress-M1 11 29 de xaneiro de 2004 Cosmódromo de Baikonur Soiuz U Éxito Último voo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Mark Wade (2011). "Progress M1" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Progress-M1 1 - 11 (11F615A55, 7K-TGM1)" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]