Progresista Fútbol Club
| Progresista Fútbol Club | ||
|---|---|---|
| Alcume(s) | "O Progre" | |
| Fundación | 1977 | |
| Estadio | Campo de Oural | |
| Presidente | ||
| Adestrador | ||
| Na rede | ||
| ||

O Progresista FC é un equipo de fútbol galego do concello de Salvaterra de Miño. Fundouse oficialmente en 1977, e xoga os seus partidos como local no campo de fútbol de Oural, na parroquia de Fornelos.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1921 fundouse na parroquia de Fornelos a Unión Progresita, creado por un grupo de emigrantes galegos retornados da Arxentina. Tomaron o nome do Club Social y Deportivo Progresista, fundado en 1902 en Buenos Aires. A denominación do club provén dun marcado carácter socialista do club, que proclabama os valores da ilustración e da Segunda República.[Cómpre referencia] Coa chegada da Guerra Civil española e a instauración do franquismo, a entidade disolveuse. Xa no contexto dunha recuperación de dereitos civís e pluralidade política e ideolóxica do tardofranquismo, o que fora o club Progresista daquela foi refundado coa denominación de Progresista Fútbol Club.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División Autonómica (5): 1986-87, 2007-08, 2009-10, 2017-18, 2022-23.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Partido Progresista-Tyde.". La Preferente.