Profilaxe preexposición para o VIH
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A profilaxe preexposición (acrónimo PPrE ou na súa versión inglesa PrEP) refírese á administración de fármacos antirretrovirais de forma continuada a persoas seronegativas para VIH con risco substancial, superior á media, de contraer unha infección por VIH.[1]
Se unha persoa está a tomar PPrE e se expón ó seme, líquido pre-seminal ou fluídos vaxinais dunha persoa con VIH, o medicamento antirretroviral axuda a previr que o virus infecte as células do sistema inmunolóxico e así evita que se estableza a infección por VIH.[2]
Na actualidade,[cando?] o único fármaco recomendado para a profilaxe preexposición do VIH é Truvada, unha combinación de emtricitabina e tenofovir disoproxil fumarato.[Cómpre referencia] Segundo os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades a PPrE pode ser unha poderosa ferramenta de prevención do VIH ó combinarse con condóns e outros métodos de prevención para proporcionar unha protección aínda maior que cando se utilizan por separado. Con todo, as persoas que usan PrEP deben comprometerse a tomar o medicamento todos os días e manter un seguimento médico polo menos cada 3 meses.[3]
Un dos ingredientes activos da preparación é o fumarato de disoproxilo de tenofovir, que é un análogo de nucleótido que inhibe da transcriptase inversa, bloqueando eficazmente a incorporación do material xenético do VIH no xenoma do hóspede, e por tanto, evitando a infección por VIH.[4]
PPrE está recomendado para o uso combinado con preservativos, de maneira que cada método pode compensar os déficits de eficacia ocasionais do outro.[3]
Existe unha división social entre o apoio e a oposición ó uso da profilaxe preexposición como método de prevención da infección por VIH. En febreiro de 2016 documentouse o primeiro caso dunha persoa que, tomando axeitadamente a PPrE, infectouse dunha cepa multirresistente ó tratamento, seguido por un segundo caso en outubro do mesmo ano.[5][6] En febreiro de 2017 informouse do caso dunha terceira persoa infectada de VIH tomando axeitadamente o tratamento, sendo o primeiro caso de adquisición dunha cepa sen ningunha resistencia ós fármacos que contén a PPrE.[7] Polo momento, as novas infeccións derivadas dun uso irregular ou esporádico da PPrE non están contabilizadas.[8] Os actores pornográficos, que foron cuestionados en especial os que realizan escenas de sexo barebacking (coloquialmente chamado en español "a pelo"), están a ser chamados a tomar PPrE e a facelo público, como unha maneira de fomentar a prevención do virus.[9]
Efectos secundarios e adversos dos principios activos empregados en PrEP segundo prospecto:
Efectos adversos frecuentes (poden afectar até 1 de cada 10 persoas)
- dor, dor de estómago
- dificultades para durmir, soños anormais
- problemas dixestivos con molestias despois das comidas, sentirse inchado (gases), flatulencia
- erupcións (incluíndo manchas ou grans vermellos ás veces con bochas e inchazón da pel), que poden ser reaccións alérxicas, picazón, cambios na cor da pel como escurecemento da pel en parches
- outras reaccións alérxicas, tales como respirar con dificultade, inchazón ou sentirse lixeiramente mareado
As análises tamén poden amosar:
- baixa cantidade de glóbulos brancos (unha cantidade reducida de glóbulos brancos pode facer ó paciente máis propenso ás infeccións)
- aumento dos triglicéridos (ácidos graxos), bile ou azucre en sangue
- problemas co fígado e o páncreas
Efectos adversos moi frecuentes (poden afectar a máis de 1 de cada 10 persoas)
- diarrea, vómitos, ganas de vomitar (náuseas)
- mareos, dor de cabeza
- erupción
- sensación de debilidade
As análises tamén poden amosar:
- diminución dos fosfatos en sangue
- elevación da creatinina quinasa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Profilaxis Pre-Exposición". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2018.
- ↑ "Todo lo que necesitás saber sobre PrEP". 4 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 12 de abril de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 (en inglés) Pre-Exposure Prophylaxis (PrEP) Clinical Trials. Centers for Disease Control and Prevention.
- ↑ (en inglés) Pre-exposure prophylaxis of HIV. Indian Journal of Sexually Transmited Diseases and AIDS. 2011.
- ↑ (en inglés) Almost-certain case of PrEP failure due to drug resistance reported at CROI 2016. AIDS map. 25 de febreiro de 2016.
- ↑ (en inglés) Second case report of PrEP failure due to drug-resistant virus. AIDS Map. 18 de outubro de 2016.
- ↑ (en inglés) PrEP Fails in a Third Man, But This Time HIV Drug Resistance Is Not to Blame. POZ. 16 de febreiro de 2017.
- ↑ (en inglés) Third Case of HIV Infection Despite PrEP Adherence.[Ligazón morta] HIV Equal. 3 de marzo de 2017.
- ↑ "CDC Calls for PrEP for Porn Stars". 11 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Profilaxe preexposición para o VIH |