Saltar ao contido

Professional Numismatists Guild

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Professional Numismatists Guild
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1955 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Wikidata

O Professional Numismatists Guild (PNG; en galego "Gremio de Numismáticos Profesionais") é unha entidade asociativa e sen ánimo de lucro de carácter numismático fundada en 1955 e constituída por expertos do comercio numismático de todo o mundo, co obxectivo de colaborar a que o coleccionismo e o investimento en moedas e billetes resulte seguro e suxeito a estándares éticos.[1][2]

Desde 2004, a Numismatic Guaranty Company é o servizo oficial de clasificación do Gremio de Numismáticos Profesionais.[1][2]

Premios outorgados

[editar | editar a fonte]

Con periodicidade anual, o PNG outorga premios tanto aos seus membros como a persoas alleas á organización que demostrasen contribucións excepcionais á comunidade numismática en xeral:[3]

  • Premio Abe Kospff Founders: ao membro destacado durante o ano anterior.
  • Premio Sol Kaplan: á traxectoria na loita contra a fraude.
  • Premio Robert Friedberg: ao autor dunha obra numismática.
  • Premio Harvey G. Stack: á traxectoria de contribucións á numismática.
  • Premio ao servizo distinguido: aos servizos prestados ao PNG ao longo do tempo.
  1. 1 2 "The Professional Numismatists Guild". Numismatic Guaranty Company (ngccoin.com).
  2. 1 2 "About US". Professional Numismatists Guild (pngdealers.org).
  3. ↑ "Official Awards Given by the PNG". Professional Numismatists Guild (pngdealers.org).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]