Profeminismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O profeminismo refírese a apoiar a causa do feminismo sen implicar que o simpatizante sexa membro do movemento feminista. O termo é máis frecuentemente usado en referencia a homes que están activamente apoiando o feminismo e os seus esforzos para alcanzar a igualdade política, económica, cultural, persoal e social en relación ós homes.[1] Un certo número de homes profeministas están implicados no activismo político, máis frecuentemente nas áreas da igualdade de xénero, os dereitos das mulleres e a violencia contra as mulleres.

Como a teoría feminista encontrou apoio entre varios homes que formaron grupos de concienciación na década de 1960, eses grupos foron diferenciados por preferencias para determinadas vertentes do feminismo e abordaxes políticas. Porén, a inclusión de voces masculinas como "feministas" foi visto como problemático por algúns. Para diferentes mulleres e homes, a palabra "feminismo" é reservada para as mulleres, que son os suxeitos que proban a desigualdade e opresión que o feminismo tenta solucionar. En resposta a esta obxección, outros termos como masculinismo, antisexismo e profeminismo foron cuñados e defendido por varios grupos.[2]

Na maioría das nacións do mundo occidental hai grupos de homes profeministas. As actividades de grupos de homes profeministas inclúen o traballo antiviolencia con nenos e rapaces nas escolas, ofrecendo talleres sobre acoso sexual nos locais de traballo, executando campañas de educación na comunidade, e aconsellando a homes perpetradores de violencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oxford University Press (ed.). "Oxford English Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  2. Clatterbaugh, Kenneth (Spring 2000). "Literature of the U.S. Men's Movement". Signs. 25 (3): 883–894. doi:10.1086/495485. JSTOR 3175420.