Saltar ao contido

Procompsognathus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Procompsognathus
Procompsognathus Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
 Taxon superior
Características
 Fonte de alimentación
Dimensións
 Lonxitude
1.0 m Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseSauropsida
SuperordeDinosauria
OrdeSaurischia
SubordeTheropoda
SuperfamiliaCoelophysoidea
FamiliaCoelophysidae
Xénero''Procompsognathus
Historia
 Lugar de descubrimento
Datas e cronoloxía
 Período
Identificadores
OTT4947016 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Procompsognathus é un xénero extinto de terópodo da familia Coelophysidae que viviu hai aproximadamente 210 millóns de anos durante a parte máis tardía do período Triásico, no que é agora é Alemaña. Procompsognathus tiña un pequeno tamaño e era un carnívoro bípede e lixeiro que podería medrar até 1 m de longo.

Descuberta

[editar | editar a fonte]

Un esqueleto fragmentado e pobremente conservado de Procompsognathus foi atopado no medio de Stubensandstein da formación Löwenstein Formation en Weiße Steinbruch, a canteira de Albert Burrer nas ladeiras setentrionais da rexión Stromberg, preto de Pfaffenheim en Württemberg, Alemaña.[1] A descuberta foi realizada por Albert Burrer na primavera de 1909 en gres brancos e sedimentos de marga gris/azul que foron depositados durante o andar Noriano do período Triásico, hai uns 210 millóns de anos.

  1. E. Fraas. 1907. Aetosaurus crassicauda n. sp. nebst Beobachtungen über das Becken der Aetosaurier [Aetosaurus crassicauda n. sp. together with observations on the pelvis of aetosaurs]. Mitteilungen aus dem Königlichen Naturalien-Kabinett zu Stuttgart 42:101-109