Proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Proceso de fusión das caixas galegas»)
Rolda de prensa de José María Castellano, presidente de NCG Banco (entidade resultante da conversión en banco de Novacaixagalicia, caixa resultante da fusión) desde 2011 até a súa venda por parte de FROB en xaneiro de 2014.
CC Praza Pública

O proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia, habitualmente coñecido como a fusión das caixas galegas, por seren estas dúas as principais caixas de aforros do país, foi un proceso que culminou o 18 de outubro de 2010, cando as asembleas de Caixanova e Caixa Galicia, reunidas en candansúa sede (Vigo e A Coruña respectivamente), acordaron e ratificaron o proxecto co que se constitutía unha caixa de aforros única. O resultado desa fusión foi unha caixa de aforros denominada Novacaixagalicia, valorada en 78.076 millóns en activos.[1]

A entidade resultante pasou a chamarse Novacaixagalicia, e posteriormente sufriu unha serie de mudanzas, nacionalizacións e reconversións até se converter na entidade denominada ABANCA.

Historia[editar | editar a fonte]

A necesidade dunha fusión das caixas galegas agromou como unha solución alternativa factíbel á liquidación e quebra de Caixa Galicia, por mor dos seus problemas de tesourería e deficiente xestión. A caixa coruñesa comezou a evidenciar problemas técnicos a comezos de 2007. Unha infrutuosa aposta pola expansión en zonas coma Levante ou Andalucía, sumada a un investimento excesivo en bens inmobiliarios, levou a comezos da crise española da burbulla inmobiliaria a Caixagalicia a unha situación de quebra técnica.[2]

A fusión das dúas principais caixas de aforros galegas coma solución aos problemas de Caixagalicia foi vista como apta polo goberno da Xunta de Galicia. Tamén o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) asumiu a fusión como solución a dito problema.

Tras un primeiro proxecto de reestruturación do sistema financeiro galego, inicialmente Caixanova negouse a aceptar as condicións da fusión.

Finalmente, e tras diferentes acordos, os Consellos de Administración das dúas caixas participantes optaron por unha integración absoluta de ambas institucións, dando nacemento á nova entidade o 1 de decembro de 2010 con anuncios oficiais en prensa.

O 22 de decembro dese mesmo ano, o FROB anunciou un desembolsamento de 1.162 millóns de euros para a caixa resultante da fusión.[3] Tras o anuncio da utilización de parte dos fondos achegados polo FROB para a reestruturación e ordenación da rede de oficinas e de persoal, procédese a dar a coñecer co novo nome comercial á entidade, Novacaixagalicia, que posteriormente iría mudando a marca en toda a rede de oficinas, así como na correspondencia oficial.[4]

Após a integración, establécense dous copresidentes na entidade, e os consellos de administración de ambas entidades fusiónanse tamén nun Consello de Administración único, formado de xeito proporciona e igualitario por conselleiros das dúas caixas. Establécense tamén os diferentes consellos territoriais.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]