Proceso de Linz-Donawitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Conversor de Oxíxeno ou Proceso Linz-Donawitz ou LD é o proceso mais común para a produción de aceiro.


A carga dese conversor é constituída de ferro gusa líquido, ferro vello, mineral de ferro e aditivos (fundentes). Cunha lanza refrixerada con auga, inxectase oxíxeno puro a unha presión de 4 a 12bar no conversor.

A oxidación do carbono e dos acompañantes do ferro libera gran cantidade de calor. Para neutralizar esa elevada temperatura que prexudicaría o refractario, adicionase ferro vello ou mineral de ferro.

Pola adición de fundentes como a cal, os acompañantes do ferro como o manganeso, silicio, fósforo e xofre únense formando a escoira.

Para aumentar a calidade do aceiro, adicionanse os elementos de liga ao final do proceso ou cando o aceiro está sendo vertido na panela, xa pronto.

Os aceiros producidos no LD non conteñen nitróxeno pois non se inxecta ar, de aí a alta calidade obtida. Ese conversor ofrece vantaxes económicas sobre os conversores do proceso de Bessemer e Siemens-Martin.

Nos conversores a oxíxeno é fabricado máis do 50% da produción mundial de aceiro.