Saltar ao contido

Proceso (informática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proceso
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Aspecto de
Identificadores
Freebase/m/0c909 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC98045186 e C2776189500 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

En informática, un proceso é a instancia dun programa informático que se executa mediante un ou varios fíos.[1] Existen moitos modelos de procesos diferentes, algúns dos cales son lixeiros, pero case todos os procesos (mesmo máquinas virtuais enteiras) baséanse nun proceso do sistema operativo (SO) que comprende o código do programa, os recursos do sistema asignados, os permisos de acceso físicos e lóxicos e as estruturas de datos para iniciar, controlar e coordinar a actividade de execución. Dependendo do SO, un proceso pode estar composto por varios fíos de execución que executan instrucións simultaneamente.[2][3]

Mentres que un programa informático é unha colección pasiva de instrucións que normalmente se almacenan nun ficheiro no disco, un proceso é a execución desas instrucións despois de seren cargadas desde o disco na memoria. Varios procesos poden estar asociados ao mesmo programa; por exemplo, abrir varias instancias do mesmo programa adoita resultar na execución de máis dun proceso.[4]

A multitarefa é un método que permite que varios procesos compartan procesadores (CPU) e outros recursos do sistema. Cada CPU (núcleo) executa un só proceso á vez. Non obstante, a multitarefa permite que cada procesador cambie entre as tarefas que se están a executar sen ter que esperar a que remate cada tarefa (preempción). Dependendo da implementación do sistema operativo, os cambios poderían realizarse cando as tarefas se inician e esperan a finalización das operacións de entrada/saída,[4] cando unha tarefa cede voluntariamente a CPU, en interrupcións de hardware e cando o planificador do sistema operativo decide que un proceso expirou a súa parte xusta de tempo de CPU (por exemplo, polo Completely Fair Scheduler ou «Planificador Completamente Xusto» do kernel de Linux).[5]

  1. Definición de Proceso no Dicionario Galego das TIC.
  2. Silberschatz, Abraham; Cagne, Greg; Galvin, Peter Baer (2004). "Chapter 4. Processes". Operating system concepts with Java (en inglés) (Sixth ed.). John Wiley & Sons. ISBN 0-471-48905-0. 
  3. Vahalia, Uresh (1996). "Chapter 2. The Process and the Kernel". UNIX Internals: The New Frontiers (en inglés). Prentice-Hall Inc. ISBN 0-13-101908-2. 
  4. 4,0 4,1 "Processes" (PDF) (en inglés). Universidade Cornell. 
  5. "CFS Scheduler". kernel.org (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.