Saltar ao contido

Procesionaria do piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Procesionaria do piñeiro

Procesión de larvas en ringleira de a un, buscando un lugar para enterrarse
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Thaumetopoeidae
Xénero: Thaumetopoea
Especie: T. pityocampa
Nome binomial
Thaumetopoea pityocampa
(Denis & Schiffermüller, 1775)

A procesonaria do piñeiro[1] ou procesionaria[2] (Thaumetopoea pityocampa) é o nome común dunha especie de Lepidóptero

Características

[editar | editar a fonte]

A procesionaria é o parasito máis importante dos piñeiros e cedros. Porén trátase dunha especie fundamental no ecosistema, debido a que está na base da pirámide trófica. Así moitas especies aliméntanse dela sexa no seu estado de larvas, crisálidas ou adultos. E incluso os seus ovos son alimento doutros insectos[3]. O macho ten unha envergadura entre 30–35 mm e a femia entre 35–45 mm. As ás anteriores son de cor agrisada con tres liñas negras en zigzag. As ás posteriores son máis claras cunha pequena mancha escura na parte inferior. As antenas do macho teñen feitura de forma e as da femia son filamentosas.[3]

Ciclo biolóxico

[editar | editar a fonte]
Adulto

No verán, os adultos deixan os ovos nas acículas das árbores, agrupadas en forma de cilindro. Posteriormente as larvas nacen dende agosto ata outubro e pasan por cinco estados diferentes. A partir do terceiro estado, a larva posúe uns filamentos urticantes moi característicos[3]. Durante o inverno forman as típicas bolsas brancas e agrisadas nas pólas da árbore parasitada. Producindo defoliacións que nalgúns casos adoitan ser moi acusadas[3]. Entre febreiro e marzo baixan á terra formando as típicas procesións en ringleiras de un. Cando atopan un lugar axeitado entérranse e transfórmanse en crisálidas. Poden entrar en diapausa e manterse nesta fase durante un ano ou máis[3].

As eirugas succionan a resina da árbore, producindo unha caída de agullas masiva, que pode diminuír o crecemento da árbore e o seu estado sanitario. Os danos máis importantes afectan as repoboacións por parte do humano e afectan a todas as especies de piñeiros e cedros[3]. Canto máis pequena é unha superficie forestal, máis se ven afectados os individuos[3].

  1. VV.AA. (2012). Servizo de Normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario Forestal (PDF). ISBN 978-84-9887-920-9.
  2. VV. AA. "Dicionario online da RAG". Consultado o 24 de setembro de 2017.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 Varios (2013). Diputació de Barcelona, ed. Les pinedes de pi pinyer, Manuals de gestió d'hàbitats. p. 170. ISBN 9788498035162.