Nesta procesión, decenas de miles de ilicitanos percorren as principais rúas do centro da cidade acompañando o trono de Xesús Triunfante, coñecido popularmente como o pas de la burreta. Os participantes portan palmas brancas elaboradas por familias artesás da cidade e procedentes do Palmeral de Elx.
A primeira noticia desta celebración data de 1371, cando o Consell de la Vila, o consello municipal, se uniu á festividade repartindo esmolas. O comercio da palma branca xa aparece recollido nunha noticia dos libros do cabido catedralicio de 1429.
A confraría foi reorganizada en 1941 por Vicente Serrano. Tanto o trono como os aveños eran sacados polos operarios da súa fábrica. Máis tarde, a confraría foi cedida a Roberto Casanova, ata que se fixo cargo dela a Xunta Maior de Confrarías e Irmandades de Elx.
O titular é Noso Señor Xesús Triunfante na súa Entrada Triunfal en Xerusalén, obra do taller de arte relixiosa de Olot. Representa o momento no que Xesús entra triunfante en Xerusalén a lombos dun burriño.