ProQuest RefWorks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ProQuest RefWorks
Sitio webwww.refworks.com

ProQuest RefWorks, coñecido anteriormente como RefWorks é un xestor bibliográfico en liña para organizacións corporativas, académicas e gobernamentais. Este software comercial de xestión bibliográfica é utilizado por máis de 900 organizacións a nivel mundial.[Cómpre referencia] Dá soporte a un número crecente de bases de datos. RefWorks colabora con provedores como ProQuest, HighWire, EBSCO, ISI e BioOne. Foi creado no 2001 e o programa e demais produtos foron comercializados por Cambridge Scientific Abstracts dende o 2002 ata ser adquirida por ProQuest no 2008.[1] O 18 de xaneiro de 2016 saíu ao mercado unha versión nova da aplicación web, chamada ProQuest Refworks. A versión orixinal pasou a chamarse Legacy RefWorks e mantívose dispoñible para a migración cara a nova ata xaneiro de 2018.[2]

Características[editar | editar a fonte]

As referencias bibliográficas das bases de datos dos usuarios de Refworks son almacenadas en liña de modo que se poden actualizar ou se pode acceder a elas a través dunha conexión a Internet. Moitas bases de datos bibliográficos implementaron a posibilidade de exportar referencias directas a Refworks: Google Scholar, JSTOR, WoS e Scopus, entre outras moitas.[Cómpre referencia] Para utilizar o software están dispoñibles tanto licenzas individuais como licenzas institucionais que permiten ás universidades subscribir abonamentos por conta dos seus estudantes e para o seu persoal. Ás bases de datos que conteñen as referencias son accesibles en liña, permitindo deste xeito ós usuarios gardarnovas referencias dende calquera computador conectado a Internet. RefWorks facilita a importación directa de referencias bibliográficas dos maiores motores de busca e bases de datos académicas [3][4].

O complemento Write-n-Cite precisa ser instalado para crear bibliografías en Google Docs e en Microsoft Word. En comparación con EndNote, RefWorks ten unha interface máis simple e é intuitiva. A diferenza doutros sistemas de xestión de citas, pódese adquirir a través de institucións e ser posta a disposición dos usuarios gratuitamente. Write-N-Cite permite integrar referencias desde a conta de Refworks en documentos escritos co procesador de textos de Microsoft Word, incluíndo notas a pé e citas no texto. As bibliografías pódense formatear en MS Word e Google Docs.

RefWorks non pode recuperar versións de texto completo de artigos de revistas, a diferenza de EndNote. Non ten a capacidade de crear listas de gráficos e cifras con formato. Co produto RefMobile pódese acceder dende terminais móbiles.[5] Pódese utilizar con iPads, mais a funcionalidade é limitada. No entanto, pódese utilizar para almacenar e anotar PDFs. Permite tamén a migración dos datos a Mendeley.[6]

Utilidades[editar | editar a fonte]

  1. Facer unha base de datos persoal que almacene referencias bibliográficas, tanto se son introducidas manualmente como se son importadas de bases de datos.
  2. Xestionar as referencias: clasificalas e ordenalas en carpetas.
  3. Elaborar automaticamente bibliografías en diferentes formatos (Chicago, MLA etc.) coas referencias agrupadas. Tamén permite exportalas a un documento de texto.
  4. Compartir as referencias tanto con usuarios de Refworks como con outros usuarios que non estean dados de alta en Refworks.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ProQuest acquires RefWorks". ProQuest (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2015. 
  2. Biblioteca Universitaria deDeusto. "Biblioguías Deusto: RefWorks (versión antigua): Migración al nuevo RefWorks". biblioguias.biblioteca.deusto.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  3. "Direct Export Partners" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015. 
  4. =ProQuestRefWorks (28 de febreiro de 2012). "Adding References to RefWorks Using Direct Export". YouTube (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2015. 
  5. "RefWorks: xestor de bibliografías". www.udc.es. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  6. Zaldúa, Mercedes Díaz. "Guías de la BUS: Mendeley: Migrar desde RefWorks". guiasbus.us.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]