Prionailurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Prionailurus
Prionailurus viverrinus 1.jpg
Lámina de Prionailurus viverrinus na obra de Richard Lydekker Cats and Carnivora, 1894
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Tribo: Felini
Xénero: Prionailurus
Severtzov, 1858
Especie tipo
Felis pardochrous Hodgson, 1844
(= Felis bengalensis Kerr, 1792)[1]
Área de dispersión do xénero Prionailurus Nota: mapa elaborado pola superposición das áreas de dispersión das súas especies.

Área de dispersión do xénero Prionailurus
Nota: mapa elaborado pola superposición das áreas de dispersión das súas especies.
Especies e Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Prionailurus é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1]

Dentro deste xénero inclúense cinco especies,[1] (ou catro, segundo os autores),[2] de felinos de tamaño e aspecto variábel, que viven nas selvas da India e do Sueste Asiático: o gato de Bengala (Prionailurus bengalensis), o gato de Iriomote (Prionailurus iriomotensis)[3] o gato de cabeza chata (Prionailurus planiceps), o gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) e o gato pescador (Prionailurus viverrinus). Este último é o máis coñecido e de distribución máis ampla, así como practicamente o único felino que basea a súa dieta no consumo de peixes.

O estado de conservación de cada unha das especies é dispar, aínda que en xeral pódese dicir que todas están ameazadas nalgunha medida debido á destrución do seu hábitat, que se acelerou nos últimos anos á par que o desenvolvemento urbano e industrial do Sueste Asiático. O gato de cabeza chata chegou mesmo a considerarse extinto en 1985, pero por fortuna foi redescuberto dez anos despois; desde aquela aparece na Lista vermella da UICN como especie en estado crítico.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1858 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, en Rev. Mag. Zool. Paris, (2), 10: 387, quen asignou como especie tipo a Felis pardochrous Hodgson, 1844.[1]

Porén, este nome era sinónimo de Felis bengalensis Kerr, 1792 (que ten prioridade pola data de descrición).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Prionailurus probalemente derive da unión das voces do grego antigo πρίων príōn, 'serra', relacionada co verbo πρίω príō, 'serrar', 'renxer os dentes', 'trabar', e αἲλουρος aíluros, 'gato'.[4]

Especies e subespecies[editar | editar a fonte]

O xénero está conformado polas seguintes cinco especies, coas subespecies que se indican:[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Groves, Colin (2005), en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. p. 155. ISBN 0-8018-8221-4.
  2. Prionailurus Severtzov, 1858 no ITIS.
  3. 3,0 3,1 3,2 Algúns autores considérano como unha subespecie do gato de Bengala, Prionailurus bengalensis iriomotensis).
  4. Ailurus no Merriam-Webster Dictionary.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]