A Illa Príncipe Carlos Forland (en noruegués: Prins Karls Forland o Forlandet), é unha illa do océano Ártico, que forma parte do arquipélago de Svalbard. A illa está directamente ao oeste da Terra de Óscar II (Oscar II Land) en Spitsbergen e constitúe a parte occidental de Svalbard. Toda a illa e a zona marítima circundante constitúe o Parque nacional Forlandet (Forlandet nasjonalpark).
A illa avistouse por primeira vez polo explorador neerlandésWillem Barents en 1596. En 1610, o explorador inglés Jonas Poole chamouna "Illa Punto Negro" (Black Point Isle). En 1612 os baleeiros ingleses referíanse á illa como (Prince Charles Foreland), polo fillo do Rei James, Carlos ou Charles (máis tarde rei de Inglaterra e Escocia). Os neerlandeses chamárona Illa Kijn, por un comerciante, que, subindo a un escarpado outeiro en 1612, caeu e rompeuse o pescozo. Os ingleses construíron unha estación temporal da caza de baleas na punta norte da illa, coñecida por eles como Fair Foreland (hoxe Fuglehuken).