Primož Peterka
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 1979 (45 anos) Liubliana |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Eslovenia (1991–) República Federal Socialista de Iugoslavia (–1991) |
Altura | 182 cm |
Peso | 66 kg |
Actividade | |
Ocupación | saltador de esquí , adestrador de salto de esquí |
Lingua | Lingua eslovena |
Deporte | Salto de esquí |
Participou en | |
febreiro de 2006 | Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 |
2002 | ski jumping at the 2002 Winter Olympics – large hill team (en) (Medalla de bronce olímpica) |
febreiro de 1998 | Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 |
Familia | |
Irmáns | Uroš Peterka (en) |
Premios | |
Páxina web | primoz-peterka.com |
Primož Peterka, nado en Prikrnica o 28 de febreiro de 1979, é un saltador de esquí esloveno, un dos deportistas con máis éxito do seu país.
Biografía
[editar | editar a fonte]Peterka naceu nunha localidade próxima a Liubliana. De mociño entrou no Club de Esquí de Triglav de Kranj. A primeira competición da Copa do Mundo na que participou foi en Innsbruck o 4 de xaneiro de 1996 ó substituír a un dos seus compañeiros, sorprendendo a todos ó quedar en oitavo lugar, durante a tempada continuou nun bo nivel, conseguindo dúas vitorias en Zakopane, Polonia, e Falun, Suecia. Nesa tempada clasificouse segundo tras Andreas Goldberger. Peterka tamén quedou segundo tras Michael Uhrmann no Campionato do Mundo Xuvenil.
A tempada 1996/1997 foi a de máis éxito da súa carreira, gañou 7 competicións e o Torneo dos Catro Trampolíns. Así e todo non puido acabar primeiro na clasificación final da Copa do Mundo pero o 9 de febreiro de 1997 converteuse no primeiro esloveno en pasar os 200 metros, concretamente 203. Este seu récord nacional duroulle pouco, xa que un mes máis tarde Goran Janus saltaba ata 206 metros.
A seguinte tempada, 1997/98, foi algo menos exitosa, gañou 4 competicións, foi o primeiro esloveno en gañar o Festival de Esquí de Holmenkollen. Gañou tamén a Copa do Mundo e nas Olimpiadas de Inverno de Nagano foi quinto no trampolín grande por equipos e sexto no trampolín curto individual.
Tras a tempada 1997/98 entrou en crise, tivo problemas cos seus adestradores e xuíces, mesmo chegou a ser sancionado. No ano 2000 comezou a se recuperar e en Planica bateu o récord nacional saltando ata os 212 metros. Na tempada seguinte regresou á elite internacional, nas Olimpiadas de 2002 en Salt Lake City, txunta Robert Kranjec, Damijan Fras e Peter Žonta, gañou a medalla de bronce no trampolín grande por equipos, a única medalla eslovena nunhas olimpiadas.
Na tempada 2002/03 gañou en Kuusamo e en Garmisch-Partenkirchen. En 2005, xunta Jure Bogataj, Rok Benkovič e Jernej Damjan gañou o bronce nos Campionatos de Esquí Nórdico en Oberstdorf.
Sobre a súa figura realizáronse dous documentais, Vleci, Primož dirixido en 1997 por Beno Hvala sobre o comezo da súa carreira, e Peterka: leto odločitve dirixido por Vlado Škafar en 2002 sobre a súa crise persoal
- Saltadores de esquí olímpicos de Eslovenia
- Nados na Alta Carniola
- Nados en 1979
- Medallistas olímpicos de bronce por Eslovenia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002
- Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998
- Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002
- Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006
- Medallistas olímpicos en salto de esquí