Primeiro ministro de Malta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo de Malta.

O primeiro ministro de Malta é o xefe de goberno de Malta. É a figura máis poderosa no goberno do país, aínda que o presidente teña un cargo superior. O primeiro ministro é nomeado polo presidente, pero o presidente toma a decisión baseándose na situación do parlamento maltés. O primeiro ministro ten que contar cunha maioría de votos no parlamento para conseguir o mandato.

Catorce persoas ocuparon o cargo de primeiro-ministro de Malta desde que se creou o cargo en 1921. O cargo quedou vago no período entre 1933 e 1947 e entre 1958 e 1962.

Nome Inicio de goberno Fin de goberno Partido
1 Joseph Howard 1921 1923 Unión Política Maltesa
2 Francesco Buhagiar 1923 1924 Unión Política Maltesa
3 Ugo Pasquale Mifsud, 1ª vez 1923 1927 Partido Nacionalista
4 Gerald Strickland 1927 1932 Partido Constitucional
(3) Ugo Pasquale Mifsud, 2ª vez 1932 1933 Partido Nacionalista
Cargo abolido
5 Paul Boffa 1947 1949 Partido Laborista
(5) Paul Boffa, continuà 1949 1950 Partido dos Traballadores
6 Enrico Mizzi 1950 1950 Partido Nacionalista
7 George Borg Olivier, 1ª vez 1950 1955 Partido Nacionalista
8 Dom Mintoff, 1ª vez 1955 1958 Partido Laborista
Cargo abolido
(7) George Borg Olivier, 2ª vez 1962 1971 Partido Nacionalista
(8) Dom Mintoff, 2ª vez 1971 1984 Partido Laborista
9 Carmelo Mifsud Bonnici 1984 1987 Partido Laborista
10 Edward Fenech Adami, 1ª vez 1987 1996 Partido Nacionalista
11 Alfred Sant 1996 1998 Partido Laborista
(10) Edward Fenech Adami, 2ª vez 1998 2004 Partido Nacionalista
12 Lawrence Gonzi 23 de marzo de 2004 11 de marzo de 2013 Partido Nacionalista
13 Joseph Muscat 11 de marzo de 2013 12 de xaneiro de 2020 Partido Laborista
14 Robert Abela 12 de xaneiro de 2020 no cargo Partido Laborista