Primeiro ministro de Afganistán
| Primeiro ministro de Afganistán | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
O primeiro ministro de Afganistán, oficialmente primeiro ministro do Emirato Islámico de Afganistán, é o xefe de goberno de Afganistán.[1]
O posto foi creado en 1927 como un cargo nomeado polo rei de Afganistán. O primeiro ministro funcionou principalmente como unha especie de asesor até o final do Reino de Afganistán en 1973. Durante a década de 1980, o primeiro ministro foi o xefe de goberno. O posto foi abolido despois da invasión estadounidense que derrocou ao réxime talibán, despois do cal se estableceu unha forma presidencial de goberno que durou de 2004 a 2021. Trala retirada dos Estados Unidos e o restablecemento do réxime talibán, o cargo foi recuperado.
O primeiro ministro e o goberno están baixo as ordes do líder supremo. O 7 de setembro de 2021, os funcionarios talibán que exercían o control de facto de Afganistán anunciaron ao erudito islámico Hasan Akhund como primeiro ministro interino do novo goberno provisional no restablecido Emirato Islámico de Afganistán. O 15 de agosto de 2025 Akhund e outros membros do seu gabinete, ata entón interinos, foron nomeados sobre unha base permanente.[2][3][4][5]
Historia
[editar | editar a fonte]Reino de Afganistán
[editar | editar a fonte]Durante a época do Reino de Afganistán, o presidente do Consello de Ministros non era o primeiro ministro, senón o rei. Só durante a ausencia deste, era o Primeiro Ministro o presidente interino do Consello.
Até 1963, o rei Mohamed Zahir nomeou a familiares seus como primeiros ministros. O rei tamén tiña o poder de despedir ou cambiar de primeiro ministro. A situación cambiou a partir de 1963, cando se estableceu ao primeiro ministro como xefe do goberno afgán. Era a primeira vez que o rei non xogaba un papel importante no goberno, deixándoo a unha autoridade elixida por el.
A Constitución de 1964 outorgou ao Primeiro Ministro o poder de convocar ao Colexio Electoral en caso da morte do rei. O primeiro ministro respondía só ante Wolesi Jirga (a cámara baixa do Parlamento) sobre a Política Xeral do goberno, e individualmente polos seus deberes prescritos.
República Democrática
[editar | editar a fonte]En abril de 1978, Mohammad Daoud Khan foi asasinado durante un golpe de estado que iniciou a Revolución Saur . Ese mesmo ano, o Partido Democrático Popular de Afganistán (PDPA) restableceu o cargo de primeiro ministro, que se mantivo durante toda a década de 1980.
O Presidente encargábase do nomeamento do Primeiro Ministro, quen á súa vez nomeaba o seu Consello de Ministros. O propósito declarado do Consello era formular e aplicar políticas internas e externas, formular plans de desenvolvemento económico e orzamentos estatais e garantir a orde pública. O primeiro ministro tiña o poder de disolver o goberno. Varios presidentes afgáns durante a era da República Democrática tamén foron nomeados Primeiro Ministro. Coa invasión soviética de Afganistán, o primeiro ministro xa non estaba a cargo do goberno, exercendo o secretario xeral do PDPA ou o director do KHAD maior poder.
Estado Islámico
[editar | editar a fonte]Despois da caída do goberno de Mohammad Najibullah, creouse un Estado de transición. Houbo friccións constantes entre o presidente e o primeiro ministro durante este período. O Estado derrubouse e non houbo un goberno central efectivo entre 1992 e 1996. Así, o cargo de primeiro ministro era de facto cerimonial, con escaso poder de actuación.
Emirato Islámico
[editar | editar a fonte]O título foi abolido cando as forzas talibán do Emirato Islámico de Afganistán tomaron o control en 1996. O número dous dos talibán era coñecido a miúdo como o primeiro ministro durante todo o seu goberno. Coa morte de Mohammad Rabbani en 2001, os talibán decidiron non manter o cargo.[6] Até setembro de 1997, o goberno que os talibán derrocaran, que permaneceu en rebelión até o final do réxime talibán en 2001, tiña un primeiro ministro no goberno, pero a posición foi abolida.
O 7 de setembro de 2021, os talibán restableceron o cargo de primeiro ministro coa formación dun novo goberno provisional.[3]
Lista de primeiros ministros
[editar | editar a fonte]| Nome | Foto | Nacemento-morte | Período no cargo | Partido político | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | Fin | Duración | |||||
| Reino de Afganistán (1926–1973) | |||||||
| Shir Ahmad | c. 1885–? | 25 de outubro de 1927 | Xaneiro de 1929 | 1 ano e 2 meses | Independente | ||
| Primeiro ministro. Deposto. | |||||||
| Shir Giyan | ?-1929 | Xaneiro de 1929 | 1 de novembro de 1929 | 10 meses | Saqqawist | ||
| Primeiro ministro do Emirato de Afganistán (1929). Deposto. | |||||||
| Mohammad Hashim Khan | 1884–1953 | 1 de novembro de 1929 | 9 de maio de 1946 | 16 anos e 189 días | Independente | ||
| Primeiro ministro. Membro da dinastía Barakzai. | |||||||
| Amanat Lewana | Descoñecido | c. 1944 | c. 1946 | c. 2 anos | Descoñecido | ||
| Primeiro ministro baixo o rei Salemai, só na Provincia Oriental durante as revoltas tribais de Afganistán de 1944 a 1947. | |||||||
| Shah Mahmud Khan | 1890–1959 | 9 de maio de 1946 | 7 de setembro de 1953[7] | 7 anos e 121 días | Independente | ||
| Primeiro ministro. Membro da dinastía Barakzai. | |||||||
| Mohammad Daoud Khan | 1909–1978 | 7 de setembro de 1953 | 10 de marzo de 1963 | 9 anos e 184 días | Independente | ||
| Primeiro ministro. Membro da dinastía Barakzai. | |||||||
| Mohammad Yusuf | 1917–1998 | 10 de marzo de 1963 | 2 de novembro de 1965 | 2 anos e 237 días | Independente | ||
| Primeiro ministro. | |||||||
| Mohammad Hashim Maiwandwal | 1919–1973 | 2 de novembro de 1965 | 11 de outubro de 1967 | 1 ano e 343 días | Independente (ata 1966) | ||
| Partido Progresista Democrático | |||||||
| Primeiro ministro. | |||||||
| Abdullah Yaqta | 1914–2003 | 11 de outubro de 1967 | 1 de novembro de 1967 | 21 días | Independente | ||
| Primeiro ministro en funcións. | |||||||
| Mohammad Nur Ahmad Etemadi | 1921–1979 | 1 de novembro de 1967 | 9 de xuño de 1971 | 3 anos e 220 días | Independente | ||
| Primeiro ministro. | |||||||
| Abdul Zahir | 1910–1982 | 9 de xuño de 1971 | 12 de novembro de 1972 | 1 ano e 156 días | Independente | ||
| Primeiro ministro. | |||||||
| Mohammad Musa Shafiq | 1932–1979 | 12 de novembro de 1972 | 17 de xullo de 1973 | 247 días | Independente | ||
| Primeiro ministro. Deposto durante o golpe de Estado de 1973. | |||||||
| Cargo abolido (17 de xullo de 1973 – 1 de maio de 1978) | |||||||
| República Democrática de Afganistán (1978–1992) | |||||||
| Nur Muhammad Taraki | 1917–1979 | 1 de maio de 1978 | 27 de marzo de 1979 | 330 días | Partido Democrático Popular (facción Khalq) | ||
| Presidente do Consello de Ministros. | |||||||
| Hafizullah Amin | 1929–1979 | 27 de marzo de 1979 | 27 de decembro de 1979 | 275 días | Partido Democrático Popular (facción Khalq) | ||
| Presidente do Consello de Ministros. Asasinado polas forzas especiais soviéticas durante a Operación Tormenta-333. | |||||||
| Babrak Karmal | 1929–1996 | 27 de decembro de 1979 | 11 de xuño de 1981 | 1 ano e 166 días | Partido Democrático Popular (facción Parcham) | ||
| Presidente do Consello de Ministros. | |||||||
| Sultan Ali Keshtmand | 1935- | 11 de xuño de 1981 | 26 de maio de 1988 | 6 anos e 350 días | Partido Democrático Popular (facción Parcham) | ||
| Presidente do Consello de Ministros. Primeiro mandato. | |||||||
| Mohammad Hasan Sharq | 1925- | 26 de maio de 1988 | 21 de febreiro de 1989 | 271 días | Independente | ||
| Presidente do Consello de Ministros. Nomeado como parte do proceso de Reconciliación Nacional. | |||||||
| Sultan Ali Keshtmand | 1935- | 21 de febreiro de 1989 | 8 de maio de 1990 | 1 anos e 76 días | Partido Democrático Popular (facción Parcham) | ||
| Presidente do Consello de Ministros. Segundo mandato. | |||||||
| Fazal Haq Khaliqyar | 1934–2004 | 8 de maio de 1990 | 15 de abril de 1992 | 1 ano e 343 días | Partido Democrático Popular (facción Parcham) (ata xuño de 1990) | ||
| Partido da Patria | |||||||
| Presidente do Consello de Ministros. Dimitiu. | |||||||
| Estado Islámico de Afganistán (1992–2002) | |||||||
| Abdul Sabur Farid Kohistani | 1952–2007 | 6 de xullo de 1992 | 15 de agosto de 1992 | 40 días | Hezb-e Islami Gulbuddin | ||
| Primeiro ministro. | |||||||
| Cargo vacante (15 de agosto de 1992 – 17 de xuño de 1993) | |||||||
| Gulbuddin Hekmatyar | 1947- | 17 de xuño de 1993 | 28 de xuño de 1994 | 1 ano e 11 días | Hezb-e Islami Gulbuddin | ||
| Primeiro ministro. Primeiro mandato. | |||||||
| Arsala Rahmani Daulat | 1937–2012 | 28 de xuño de 1994 | 1995 | ≈ 1 ano | Ittehad-e Islami | ||
| Primeiro ministro en funcións. | |||||||
| Ahmad Shah Ahmadzai | 1944–2021 | 1995 | 26 de xuño de 1996 | ≈ 1 ano | Ittehad-e Islami | ||
| Primeiro ministro en funcións. | |||||||
| Gulbuddin Hekmatyar | 1947- | 26 de xuño de 1996 | 11 de agosto de 1997 | 1 ano e 46 días | Hezb-e Islami Gulbuddin | ||
| Primeiro ministro. Segundo mandato. Deixou Cabul trala caída dos Talibán o 27 de setembro de 1996. | |||||||
| Abdul Rahim Ghafoorzai | 1947–1997 | 11 de agosto de 1997 | 21 de agosto de 1997 | 10 días | Independente | ||
| Primeiro ministro. Exerceu só en áreas controladas pola Alianza do Norte debido á guerra civil de 1996–2001. Entre 1996 e 2001, o Estado Islámico mantívose como o goberno recoñecido internacionalmente, a pesar de controlar só o 10% do territorio afgán. Morreu nun accidente aéreo. | |||||||
| Emirato Islámico de Afganistán (1996–2001) | |||||||
| Mohammad Rabbani | 1955–2001 | 27 de setembro de 1996 | 13 de abril de 2001 | 4 anos e 198 días | Talibán | ||
| Vicepresidente do Consello Supremo. Primeiro Ministro. Vicelíder dos Talibán. Morreu no cargo. | |||||||
| Abdul Kabir | 1958- | 16 de abril de 2001 | 13 de novembro de 2001 | 211 días | Talibán | ||
| Vicepresidente en funcións do Consello Supremo. Primeiro ministro en funcións. Deposto durante a caída de Cabul. | |||||||
| Cargo abolido (13 de novembro de 2001 – 7 de setembro de 2021) | |||||||
| Estado Islámico de Afganistán (2021–presente) | |||||||
| Hasan Akhund | entre 1945 e 1958-[8] | 7 de setembro de 2021 | No cargo | 4 anos e 225 días | Talibán | ||
| Primeiro Ministro. Exerceu en funcións ata o 15 de agosto de 2025. | |||||||
| Abdul Kabir | 1958- | 17 de maio de 2023 | 17 de xullo de 2023 | 61 días | Talibán | ||
| Primeiro ministro en funcións mentres Hasan Akhund se recuperaba dunha enfermidade. | |||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "What the Taliban’s new government reveals about how they will rule" (en inglés). 13 de setembro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Unseen Taliban Leader Wields Godlike Powers in Afghanistan" (en inglés). 28 de marzo de 2023. Consultado o 27 de xaneiro de 2026.
- 1 2 "Hardliners get key posts in new Taliban government". BBC (en inglés). 7 de setembro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Taliban Leader Removes ‘Acting’ Designation From All Government Posts" (en inglés). 15 de agosto de 2025. Consultado o 27 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Taliban Officials Are No Longer ‘Acting’" (en inglés). 19 de agosto de 2025. Consultado o 27 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Muhammad Rabbani, Advocate Of Some Moderation in Taliban". The New York Times (en inglés). 20 de abril de 2001. Consultado o 27 de xaneiro de 2026.
- ↑ "AFGHAN LEADER QUITS; Uncle of the King Resigns as Prime Minister". The New York Times (en inglés). 8 de setembro de 1953. Consultado o 27 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Security Council 1988 Committee Amends 105 Entries on Its Sanctions List". www.un.org (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2026.