Primeiro Ministro de Andorra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Brasón de Andorra.

O Primeiro Ministro de Andorra (Cap de Govern en catalá) é o xefe de goberno do Principado de Andorra.

É escollido polo Consell General d'Andorra, o Parlamento andorrano.

Esta é a lista dos xefes de goberno do Principado de Andorra dende a creación dese cargo, o 8 de xaneiro de 1982.

Núm. Xefe de goberno Período Nota biográfica
1 Coat of Arms of the high authorities of Andorra.svg Òscar Ribas Reig 8 de xaneiro de 1982 - 21 de maio de 1984 Membro do Partido Nacional Liberal

Accedeu ao posto ao gañar as eleccións de 1982, cando se creou o posto e o goberno de Andorra.

2 Coat of Arms of the high authorities of Andorra.svg Josep Pintat Solans 21 de maio de 1984 - 12 de xaneiro de 1990 Membro do Patido Conservador de Andorra.
(1) Coat of Arms of the high authorities of Andorra.svg Òscar Ribas Reig 12 de xaneiro de 1990 - 7 de decembro de 1994 Membro do Agrupamento Nacional Democrático
3 Coat of Arms of the high authorities of Andorra.svg Marc Forné Molné 7 de decembro de 1994 - 27 de maio de 2005 Membro do Partido Liberal de Andorra.

Accedeu ao posto tras a moción de confianza perdida por Òscar Ribas. Repetiu lexislatura ao gañar as eleccións de 1997 e de 2001.

4 A. Pintat.jpg Albert Pintat Santolària 27 de maio de 2005 - 5 de xuño de 2009 Membro do Partido Liberal de Andorra.

Gañou as eleccións de 2005.

5 Roda de premsa consellera Mar Serna - cap de Govern d'Andorra Jaume Bartumeu 01.jpg Jaume Bartumeu Cassany [[5 de xuño] de 2009 - 12 de maio de 2011 Membro do Partido Socialdemócrata de Andorra.

Gañou as eleccións de 2009 e convocou eleccións anticipadas en 2011.

6 Antoni Martí (2011).jpg Antoni Martí Petit 12 de maio de 2011 - 15 de maio de 2019 Membro de Demòcrates per Andorra.

Gañou as eleccións de 2011 e 2015.

7 Xavier Espot Zamora Andorra Estònia (cropped).jpg Xavier Espot Zamora 15 de maio de 2019[1] - Actualidade Membro de Demòcrates per Andorra.

Accedeu ao cargo tras gañar as eleccións de 2019 e lograr un acordo co Partido Liberal de Andorra e con Ciutadans Compromesos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xavier Espot (DA) es proclamado nuevo jefe de Gobierno de Andorra" (en castelán). 15 de maio de 2019. Consultado o 16 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]