Primeira onda do feminismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Primeira onda feminista»)

A primeira onda do feminismo refírese a un período de actividade feminista durante o século XIX e comezos do século XX en todo o mundo, en particular en países como Francia, o Reino Unido, o Canadá, os Países Baixos e os Estados Unidos. Este movemento inclinouse sobre cuestións xurídicas, principalmente na conquista do dereito ó voto feminino (o dereito de voto).

O feminismo ten súa orixe o século XVIII, especificamente na Ilustración, xa que neste movemento cultural e filosófico houbo unha controversia sobre a igualdade e as diferenzas de xénero. Na época xurdiu un novo discurso crítico que utilizou as categorías universais desta filosofía política. O movemento da Ilustración, por tanto, non era feminista nas súas raíces.

As orixes políticas do feminismo proveñen da Revolución Francesa (1789). Este evento elevou a igualdade xurídica, as liberdades e os dereitos políticos como seus obxectivos centrais, mais axiña veu a gran contradición que marcou a loita adiantada do feminismo: as liberdades, os dereitos e a igualdade legal que foron as grandes conquistas das revolucións liberais non afectaron ás mulleres. A teoría política de Rousseau proxectou a exclusión das mulleres dos eidos da propiedade e dos dereitos. Así, na Revolución Francesa, a voz das mulleres comezou a se expresar colectivamente.

O termo "primeira onda" foi cuñado en marzo de 1968 por Marsha Lear ó escribir en The New York Times Magazine, que ó mesmo tempo tamén usou o termo "segunda onda do feminismo".[1][2] Na época[Cómpre clarificar], o movemento de mulleres loitaba contra as desigualdades afrontadas de facto[Cómpre clarificar] polas mulleres, unha forma de distinguirse dos obxectivos das feministas anteriores.

Notas[editar | editar a fonte]