Presidente do Presidium da Asemblea Popular Suprema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Presidente do Presidium da Asemblea Popular Suprema da República Popular Democrática de Corea
Emblem of North Korea.svg

Choe Ryong-Hae.jpg

Nomeado porAsemblea Popular Suprema
Duración5 anos
Primeiro titularKim Tu-bong
Creación9 de setembro de 1948

O Presidente do Presidium da Asemblea Popular Suprema da República Popular Democrática de Corea é o xefe do Presidium da Asemblea Popular Suprema, que é a máis alta institución do poder estatal en Corea do Norte cando a Asemblea Popular Suprema non está en sesión. O Presidente do Presidium da Asemblea é a miúdo considerado o xefe de Estado de facto de Corea do Norte e é o responsable de representar o Estado e recibir as credenciais de representantes diplomáticos estranxeiros.

O actual presidente do Presidium da Asemblea Popular Suprema é Choe Ryong-hae, elixido o 11 de abril de 2019.

Historia[editar | editar a fonte]

O cargo creouse o 9 de setembro de 1948 co nome de Presidente do Comité Permanente da Asemblea Popular Suprema . O presidente era o xefe do Comité Permanente da Asemblea Popular Suprema, e tiña o poder de ratificar ou anular os tratados con países estranxeiros, nomear ou convocar embaixadores para países estranxeiros, recibir cartas credenciais, ou convocar representantes diplomáticos estranxeiros segundo a Constitución de 1948. Isto facía ao presidente do Comité Permanente da Asemblea o xefe de Estado de Corea do Norte.

Tras a introdución da Constitución Socialista de 1972, o papel de xefe de Estado foi transferido ao presidente de Corea do Norte. Ao Comité Permanente da Asemblea foronlle eliminados os seus poderes de representar ao Estado e foi limitado ao traballo lexislativo, co presidente exercendo tamén como presidente da Asemblea Popular Suprema.

A revisión da Constitución de 1972 creou en 1998 o cargo actual de presidente do Presidium da Asemblea Popular Suprema. [1]

Poderes[editar | editar a fonte]

De acordo coa constitución norcoreana, o presidente do Presidium da Asemblea Popular Suprema ten a responsabilidade de representar ao Estado, recibir as cartas de credenciais e convocar os representantes diplomáticos estranxeiros. Tamén é o encargado de ratificar e derogar tratados con outros países.

Lista[editar | editar a fonte]

Presidente do Comité Permanente da Asemblea Popular Suprema da República Popular Democrática de Corea
Presidente Partido político Mandato Eleccións
Kim Tu-bong.jpg Kim Tu-bong
김두봉
(1889 – 1958)
Partido dos Traballadores de Corea do Norte 9 de setembro de 1948 20 de setembro de 1957 1948
Partido dos Traballadores de Corea
Choe Yong-gon.jpg Choe Yong-gon

최용건 (1900 – 1976)

Partido Socialdemócrata de Corea 20 de setembro de 1957 23 de outubro de 1962 1957
Partido dos Traballadores de Corea
23 de outubro de 1962 16 de decembro de 1967 1962
16 de decembro de 1967 28 de decembro de 1972 1967
Hwang Jang Yeop.jpg Hwang Jang-yop
황장엽
(1923 – 2010)
Partido dos Traballadores de Corea 28 de decembro de 1972 16 de decembro de 1977 1972
16 de decembro de 1977 6 de abril de 1982 1977
6 de abril de 1982 7 de abril de 1983 1982
Emblem of North Korea.svg Yang Hyong-sop
양형섭

(1925-)

Partido dos Traballadores de Corea 7 de abril de 1983 29 de decembro de 1986
29 de decembro de 1986 24 de maio de 1990 1986
24 de maio de 1990 5 de setembro de 1998 1990
Presidente do Presidium da Asemblea Popular Suprema da República Popular Democrática de Corea
Presidente Partido político Mandato Eleccións
Kim Yong-nam in Moscow.jpg Kim Yong-nam

김영남 (1928-) Signature of Kim Yong-nam.svg

Partido dos Traballadores de Corea 5 de setembro de 1998 3 de setembro de 2003 1998
3 de setembro de 2003 9 de abril de 2009 2003
9 de abril de 2009 9 de abril de 2014 2009
9 de abril de 2014 11 de abril de 2019 2014
Choe Ryong-Hae.jpg Choe Ryong-hae

해 (1950-)

Partido dos Traballadores de Corea 11 de abril de 2019 Presente 2019[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cha, Victor D.; Hwang, Balbina Y. (2008). "Government and Politics". En Worden, Robert L. North Korea: A Country Study (PDF) (5th ed.). Washington, DC: Federal Research Division of the Library of Congress. pp. 187–234. ISBN 978-0-8444-1188-0.