Presidente de Irán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brasón de Irán.

O Presidente de Irán (ریاست جمهوری اسلامی ایران) é o xefe de goberno da República Islámica de Irán. O Presidente é o máis elevado representante do estado popularmente elixido en Irán, malia que responde ante o Líder Supremo de Irán, que realiza as funcións de xefe de estado. O capítulo IX da Constitución da República Islámica de Irán establece as cualificacións para os candidatos presidenciais e os procedementos para a elección, así como os seus poderes e responsabilidades. Entre eles inclúense a sinatura de tratados e outros acordos con estados estranxeiros e organizacións internacionais, a administración do plan nacional, os orzamentos, os asuntos de emprego, e o nomeamentos de ministros baixo a aprobación do Parlamento.[1]

Ó contrario que as figuras executivas doutros estados, o Presidente de Irán non exerce control sobre a política exterior, as forzas armadas ou a política nuclear, xa que son controlados polo Líder Supremo.[2]

O Presidente de Irán é elixido por un período de catro anos por voto directo do pobo, e non pode servir no cargo por máis de dúas lexislaturas consecutivas, ou máis de 8 anos.

O actual Presidente de Irán é Ebrahim Raisi, que asumiu o cargo o 3 de agosto de 2021, despois das eleccións presidenciais dese mesmo ano. Sucedeu a Hassan Rouhani, que serviu 8 anos, de 2013 a 2021.

Presidentes de Irán[editar | editar a fonte]

Nome Imaxe Inicio do mandato Fin do mandato
Abdolhassan Banisadr 4 de febreiro de 1980 22 de xuño de 1981
Mohammad Ali Rajai 2 de agosto de 1981 30 de agosto de 1981
Ali Khamenei 13 de outubro de 1981 3 de agosto de 1989
Akbar Hashemi Rafsanjani 3 de agosto de 1989 2 de agosto de 1997
Mohammad Khatami 2 de agosto de 1997 2 de agosto de 2005
Mahmoud Ahmadinejad 3 de agosto de 2005 2 de agosto de 2013
Hassan Rouhani 3 de agosto de 2013 3 de agosto de 2021
Ebrahim Raisi 3 de agosto de 2021 presente

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Iran - Constitution Chapter IX, section 1 & 2 of the constitution
  2. Mahmoud Ahmadinejad Accessed 5-23-2008, (véxase tamén o artigo 110 da constitución)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]