Presidente de Gambia
O presidente é o xefe de estado e o xefe de goberno de Gambia. Segundo a constitución do país é elixido para un mandato de 5 anos, e pode reelixirse indefinidamente.
O 30 de xullo de 1981 cando o presidente Dawda Jawara estaba en Londres para asistir á voda do príncipe Charles co Diana Spencer, ocorreu unha tentativa de golpe de estado de esquerdas, comandada por Kukoi Samba Sanyang. Este ocupou o poder, pero foi derrotado o día 5 de agosto do mesmo ano, coa axuda de tropas do Senegal.
Dawda Jawara permaneceu no poder logo de sucesivas reeleccións ata 22 de xullo de 1994 cando sufriu un segundo golpe de estado comandado polo tenente Yahya Jammeh. Jawara exiliouse do país ata o 2002, mentres en 1996 Yahya Jammeh convocou e gañou as eleccións presidenciais, sendo reelixido nos anos 2001 e 2006.
Esta é a lista dos presidentes de Gambia despois de 1970.
Nome | Imaxe | Inicio do mandato | Fin do mandato |
---|---|---|---|
Dawda Kairaba Jawara | 24 de abril de 1970 | 30 de xullo de 1981 | |
Kukoi Samba Sanyang | 30 de xullo de 1981 | 5 de agosto de 1981 | |
Dawda Kairaba Jawara | 5 de agosto de 1981 | 22 de xullo de 1994 | |
Yahya Jammeh | 22 de xullo de 1994 | 18 de outubro de 1996 | |
Yahya Jammeh | 18 de outubro de 1996 | 21 de xaneiro de 2017 | |
Adama Barrow | 19 de xaneiro de 2017[1] | actualidade |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A presidencia estivo en disputa do 19 ao 21 de xaneiro de 2017