Prepucio do pene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prepucio
Prepucio recubrindo a glande dun pene fláccido.
Latín prepucium
præputium
Gray's pág.1250
Arteria Arteria dorsal do pene
Nervio(s) Nervio dorsal do pene
Precursor Tubérculo uroxenital
Dobras uroxenitais
MeSH Foreskin
Prepucio retraído.
Anatomía masculina.

O prepucio do pene é a pel que recobre a glande do pene.

Anatomía do prepucio do pene[editar | editar a fonte]

O prepucio é unha dobra cilíndrica de pel, que pola cara externa presenta epitelio queratinizado e pola cara interna que está en contacto coa glande é unha mucosa de epitelio menos queratinizado. O prepucio e a glande están unidos entre si por unha dobra medio anterior chamada freo do pene e en toda a súa circunferencia posterior polo suco balanoprepucial. A circunferencia anterior do prepucio corresponde co bordo libre do prepucio e denomínase orificio ou anel prepucial.

Entre a glande e o prepucio existe unha cavidade virtual, a chamada cavidade do prepucio. En casos de falta de hixiene, nesta zona pode formarse unha substancia chamada esmegma.

A lonxitude do prepucio varía moito segundo os individuos. Unhas veces prolóngase até o vértice da glande e supera por diante do pene unha especie de vestíbulo. Isto é o que ocorre na maioría dos nenos até a puberdade. No adulto pode persistir esta disposición, ou retraerse parcial ou totalmente.

Funcións do prepucio do pene[editar | editar a fonte]

O prepucio ten catro funcións:

  • Protectora
  • Sensorial
  • Mecánica
  • Almacena o olor da glande

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]