Prensa de viño
Unha prensa de viño[1] ou lagareta[2] é un dispositivo empregado para extraer o zume de uvas como parte do proceso de produción do viño. Existen varios tipos de prensas utilizadas polos vitivinicultores mais a súa funcionalidade é a mesma. Cada tipo de prensa emprega a presión controlada para ceibar o zume do bago. A presión non pode ser excesiva, para evitar crebar a sementes e achegar un exceso de tanino ao viño.[3] O home está a producir viño dende o 6.000 aC; no ano 2011 desenterrouse unha prensa de viño en Armenia que contiña vestixios de elaboración de viño tinto de hai 6.000 anos.[4] As prensas son comúns na diferentes zonas de produción de viño de Galiza, normalmente instaladas nas adegas das casas ou nunha construción senlleira, denominada lagar; de feito moitas veces a prensa recibe o nome de lagar[5].
Tipos de prensas
[editar | editar a fonte]A prensa tradicional galega consta dunha soleira tallada en pedra de gra no que se sitúa a gaiola de madeira ou mesmo un gran pío granítico fechado cunha tampa sobre a que acouga unha gran trabe de carballo ou castiñeiro que esmaga o bago facendo presión normalmente cun parafuso fixo de madeira vertical que apoia nun pé de pedra e que atravesa a trabe. Véxase a foto da dereita en branco e negro.
Prensa de gaiola
[editar | editar a fonte]Unha prensa de gaiola consiste nun canastro que se enche co bago para ser prensado. Aplícase presión tras dunha tampa que é obrigada a baixar sobre a froita. O mecanismo para baixar a tampa adoita ser un parafuso ou un aparello hidráulico. O zume flúe polos buratos da gaiola. A prensa de gaiola foi o primeiro tipo de prensa mecanizada que se desenvolveu, e o seu deseño básico non cambiou en case 1.000 anos.[6]
Parafuso horizontal
[editar | editar a fonte]Unha prensa de parafuso horizontal funciona usando o mesmo principio que a prensa de gaiola. No canto de utilizar unha tampa para facer presión sobre o bago, achéganse dúas tampas colocadas nos dous extremos dun cilindro fechado para apertar as uvas. Xeralmente o volume de uvas utilizado é moito maior ca o volume procesado nunha prensa de gaiola.[7]
Prensa pneumática
[editar | editar a fonte]A prensa pneumática consiste nun cilindro grande, fechado en ambos os lados, no que fica a froita. Para prensarmos as uvas, un globo as estende e empurra. O zume flúe ao exterior polos buratiños do cilindro. O cilindro xira durante o proceso para axudar coa homoxeneización da presión aplicada ao bago.[8]
Parafuso continuo
[editar | editar a fonte]O parafuso continuo é distinto das prensas xa mencionadas porque non procesa un só lote de uvas á vez. No canto diso emprega un parafuso de Arquimedes para forzar o bago continuamente esmagándoo contra a parede do aparato. Extráese o zume e o bagazo continúa até o fin onde é extraído.[9] Este tipo de prensa non se utiliza moito para producir viño de mesa, e algúns países prohiben o seu uso nos viños de maior calidade.[10]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Unha prensa de viño antiga en Israel coa área de presión no centro e a cuba para a colleita do viño á esquerda inferior.
-
Unha prensa pneumática.
-
Prensa de gaiola.
-
Mó e conduto dunha prensa en Portugal.
-
Prensa foránea tradicional de viño do século XVI
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para prensa.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagareta.
- ↑ "Sitio web de los Amigos del Vino Profesionales - Vino 101 (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013.
- ↑ "Archaeologists Unearth the World's Oldest Wine Press". TIME. 11 de xaneiro de 2011. Consultado o 11 de xaneiro de 2011.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagar.
- ↑ David Bird, Understanding Wine Technology The Science of Wine Explained, p 47 ISBN 1-891267-91-4 (en inglés)
- ↑ Bird, p 49
- ↑ Dr. Yair Margalit, Winery Technology & Operations A Handbook for Small Wineries p42-43 ISBN 0-932664-66-0
- ↑ Margalit p 46
- ↑ Bird, p 52
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prensa de viño |