Premios Feroz
| Premios Feroz | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Os Premios Feroz [1] son uns galardóns de cine español, creados [2] en novembro de 2013 pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE)[3] con carácter anual para recoñecer o mérito e a calidade das producións españolas. A primeira cerimonia de entrega de premios celebrouse o 27 de xaneiro de 2014.
A intención destes premios é converterse na antesala[4] dos Premios Goya, o que lles valeu o nome de Globos de Ouro españois.[5][6]
A distribución orixinal dos premios constaba de once categorías: película dramática, comedia, dirección, actor e actriz principais, actor e actriz secundaria, guión, música orixinal, tráiler e póster da película. Ao mesmo tempo, tamén se outorgaron dous premios adicionais, o Feroz de Honor por toda unha carreira e o Premio Especial, que se lle outorgou á película que acadara a mellor carreira comercial. Os premios foron designados polo Comité Organizador dos Premios. A partir da 4ª edición, engadíronse premios a series de televisión, así como a actores e actrices de televisión, tanto na categoría principal como secundaria; así como premios a documentais.[7]
Categorías
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]- Mellor película dramática
- Mellor comedia
- Mellor dirección
- Mellor guión
- Mellor actor principal
- Mellor actriz principal
- Mellor actor secundario
- Mellor actriz secundaria
- Mellor música orixinal
- Mellor tráiler
- Mellor cartel
Televisión
[editar | editar a fonte]- Mellor serie dramática
- Mellor serie de comedia
- Mellor actor principal nunha serie
- Mellor actriz nunha serie
- Mellor actor secundario nunha serie
- Mellor actriz secundaria nunha serie
Premios especiais
[editar | editar a fonte]- Premio Honorífico Feroz por toda unha traxectoria
- Premio especial
Edicións
[editar | editar a fonte]A primeira edición destes premios constou de once categorías, tendo lugar o 27 de xaneiro de 2014 nos cines Callao de Madrid.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nacen-los-premios-Feroz-los-Globos-de-Oro-espanoles". Diario de León. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ luismartin (2013-11-20). "Nacen los Premios Feroz, los 'Globos de Oro españoles'". hoyesarte.com (en castelán). Consultado o 2025-06-21.
- ↑ "La prensa española crea los Premios Feroz, los Globos de Oro de los Goya". losExtras.es (en castelán). 2013-11-20. Consultado o 2025-06-21.
- ↑ "Nacen los premios Feroz, «antesala» de los Goya". Diario ABC (en castelán). 2013-11-20. Consultado o 2025-06-21.
- ↑ Agudo, Jesús (2013-11-20). "Nacen los Premios Feroz, los Globos de Oro del cine español". eCartelera (en castelán). Consultado o 2025-06-21.
- ↑ SensaCine (2013-11-20). "Nacen los Globos de Oro españoles: Los Premios Feroz". SensaCine.com (en castelán). Consultado o 2025-06-21.
- ↑ "Los premios Feroz de cine galardonarán también las series y documentales". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-09-08. Consultado o 2025-06-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premios Feroz |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Novas sobre os Premios Feroz na web da Cadena SER
- Novas sobre os Premios Feroz en El País
- Novidades sobre os Premios Feroz [Ligazón morta] en El Periódico