Premios Ánxel Casal da Edición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os premios Ánxel Casal da Edición foi un galardón que englobaba distintas modalidades literarias e era xestionado pola Asociación Galega de Editores. Outorgábase aos que se consideraban os mellores libros e autores do ano en lingua galega durante a gala da Noite da edición en Galicia. Desapareceu en 2016 cando a citada gala da edición se xuntou cos premios da AELG e os do gremio de libreiros para crear a Gala do Libro Galego.

Modalidades[editar | editar a fonte]

Amais, tamén formaron parte dos premios da edición o Premio Lois Tobío de Tradución, o Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado, o Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil, o Premio Xosefa Iglesias Villaverde ao Libro Educativo, o Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, Premio Xosé María Álvarez Blánquez ao autor/autora ou colectivo de autores.[1]

Notas[editar | editar a fonte]