Premio Esquío de poesía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Premio de Poesía Fernando Esquío»)

O Premio Esquío de poesía é un premio de poesía organizado pola Sociedad de Cultura Valle-Inclán de Ferrol desde 1981.

Historia[editar | editar a fonte]

Até o ano 2007 estivo apoiado economicamente por Caixa Galicia a través da Fundación Caixa Galicia, contando cun dos maiores premios económicos do Estado español para certames de poesía. Dende a edición de 1985 conta con dúas convocatorias diferentes, unha en galego e outra en español, cada unha dotada cun premio en metálico e a publicación da obra na Colección Esquío de poesía. Poucos anos despois da primeira convocatoria instituíron un accésit en cada un dos apartados. No ano 2007 a Fundación Caixa Galicia retirou o apoio económico ao premio, impedindo que se puidese convocar. Porén, a Sociedad de Cultura Valle-Inclán logrou, a finais dese mesmo ano, involucrar o Concello de Ferrol e sacar as bases para a edición de 2008, aumentando tamén levemente o premio económico.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Ano En galego En castelán
1981 Camiño de Antioquía (Vítor Vaqueiro)
1982 A sombra dos pavillóns (Anxo Quintela)
1983 Sétima soidade (Pilar Pallarés)
1984 Memorial de brancura (Miguel Anxo Fernán-Vello)
1985 A caneiro cheo (Luís González Tosar)
Accésit: Fértil corpo do soño (Manuel Álvarez Torneiro)
Atlántico (Ana Liste)
1986 Luminoso lugar de abatimento (Xosé María Álvarez Cáccamo)
Accésit: Os aposentos silenciados (Xavier Rodríguez Barrio)
Traición del tiempo (Miguel Machalski)
1987 Da muda primavera (Román Raña)
Accésit: Baleas e baleas (Luisa Castro)
El espíritu de Rembrandt (Carlos Casanova)
1988 Celebración do gozo (Xavier Rodríguez Barrio)
Accésit: Val de Ramirás (Anxo Angueira)
Cuaderno de ejercicicos (Joaquín Sánchez Vallés)
1989 No corazón mancado (Xosé Vázquez Pintor)
Accésit: Lapidario dos heterodoxos (Miguel Anxo Murado)
Exposición (Olvido García Valdés)
1990 Adeus norte (Ramiro Fonte) Dolor a solas (Joaquín Benito de Lucas)
1991 A porta de lume (Xesús Manuel Valcárcel)
Accésit: Este é o tempo do sal (Xosé Manuel Millán Otero)
Vuelta de hoja (Antonio Cáceres)
1992 Abandono da noite (Manuel Xosé Neira López)
Accésit: Fuxidíos (Eva Veiga)
Del tiempo herido (Gonzalo Alonso-Bartol)
1993 Poldros de música (Xesús Rábade Paredes)
Cartografía (Arturo Regueiro)
Diario de la lluvia (François Davó)
1994 Rigorosamanete humano (Manuel Álvarez Torneiro)
Accésit: Varias (Ana Baliñas)
El cantor de boleros (Manuel Jurado López)
1995 Umbral de Vida (Xavier Seoane)
Accésit: Sonetosfera (Xosé Miranda)
Ensayo general (Francisca Aguirre)
1996 Permiso para o corso (Xosé Miranda)
Accésit: Ardora (Lino Braxe)
Quebrada Luz (Manuel Rico)
1997 Corazón de segundas partes (Ignacio Chao)
Accésit: Equinoccio de primavera (Miro Villar)
Donde no cabemos (Javier González)
1998 Catálogo de velenos (Marilar Aleixandre)
Accésit: Colección de cinza (Beatriz Quintela)
Como un árbol (Leonardo Hernández Cala)
1999 Pan (Libro de ler e desler) (Estíbaliz Espinosa)
Accésit: En atalaia alerta (Marta Dacosta)
Del color de los ríos (Juana Castro)
2000 O rumor do distante (Cesáreo Sánchez Iglesias)
Accésit: Luces de N. Y. (Rafael Lema)
Entrada para la vida (Fermín Heredero)
2001 Lámpada e medusa (Manuel Forcadela)
Accésit: (nós, as inadaptadas) (María do Cebreiro)
Si alguien no escribe un verso (Adolfo Zutel)
2002 Fálame (Antón Lopo) Mercuriales (Ana Sofía Pérez-Bustamante)
2003 Desilencios (Maite Dono)
Accésit: A última bengala (Óliver Escobar)
El hombre de cristal y otros poemas (Luis Artigue)
2004 Días no imperio (Daniel Salgado)
Accésit: O que ardeu nos espellos (Carlos Penela)
Fragmentos de un diario desconocido (Noni Benegas)
Accésit: Desecación de la alegría (Miguel Sánchez Robles)
2005 Ollos de ámbar (Martín Veiga)
Accésit: Sete vagas (Rafael Lema)
Un libro difícil (Miguel Ángel Curiel)
2006 Casa pechada (Luz Pichel)
Accésit: Tigres como Fausto con ollos de brumas (Xavier Lama)
Veintiocho cantos augurales (José Luís Giménez-Frontín)
2008 Melancolía líquida da idade das vacas (Xavier Lama)
Accésit: Amebas (Xosé Luís Mosquera Camba)
El lamento de las praderas (Miguel García-Posada)
Accésit: La mirada secuestrada (Eugenio Maqueda Cuenca)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]