Premio Arcebispo Xoán de San Clemente

O Premio Arcebispo Xoán de San Clemente,[1] que na edición de 2019 pasou a chamarse comercialmente Premio San Clemente Rosalía-Abanca,[2] é un galardón con dotación económica que se falla anualmente en Santiago de Compostela e distingue obras de narrativa en lingua galega, castelá e outras de literatura estranxeira.
Historia e características[editar | editar a fonte]
O xurado deste premio está conformado por alumnos de bacharelato do IES Rosalía de Castro de Compostela e outros catro institutos máis de Galicia, elixidos ao chou. Ten por obxecto o fometo da lectura entre a mocidade. A dotación en 2015 era de 9.000 euros para a mellor novela do ano en cada modalidade: novela galega, novela española, novela estranxeira.
A primeira edición do premio foi no ano 1995.
Os únicos escritores premiados en máis dunha ocasións son o vigués Pedro Feijoo, o catalán Javier Cercas e mais o irlandés Colm Tóibín.[3]
Lista de gañadores[editar | editar a fonte]
Edición | Ano | Novela galega | Novela española[4] | Novela nunha lingua estranxeira[4] |
---|---|---|---|---|
I | 1995 | Suso de Toro, por Tic-Tac | Mario Vargas Llosa, por Lituma en los Andes ("Lituma nos Andes") | Tariq Ali, por Shadows of the Pomegranate Tree ("Sombras da milgranda") |
II | 1996 | Xurxo Borrazás por Criminal | Javier Marías por Mañana en la batalla piensa en mí ("Mañá na batalla pensa en min") | Jostein Gaarder por Sofies verden ("O mundo de Sofía") |
III | 1997 | Miguel Anxo Murado por Ruído Aníbal Malvar por Unha noite con Carla (ex aequo) |
Antonio Soler, por Los héroes de la frontera ("Os heroes da fronteira") | Antonio Tabucchi por Sostiene Pereira ("Sostén Pereira") |
IV | 1998 | Gonzalo Navaza, por Erros e Tánatos | Jaime Bayly, por Los últimos días de “La Prensa” ("Os últimos días de La Prensa") | José Saramago, por Ensaio sobre a cegueira |
V | 1999 | Manuel Rivas, por O lapis do carpinteiro | Carmen Martín Gaite por Irse de casa ("Irse da casa") | Alessandro Baricco por Castelli di rabbia ("Castelos de rabia") |
VI | 2001 | Xelís de Toro, por Os saltimbanquis no paraíso | Hernán Rivera Letelier, por Fatamorgana con banda de música | Paul Auster, por Timbuktu ("Tombouctou") |
VII | 2003 | Bento da Cruz, por A Loba | Manuel de Lope por La sangre ajena ("O sangue alleo") | Milan Kundera por L'ignorance ("A ignorancia") |
VIII | 2003 | Marilar Aleixandre, por Teoría do caos | Laura Restrepo por Leopardo al sol ("Leopardo ao sol") | Amélie Nothomb por Méthaphysique des tubes ("Metafísica dos tubos") |
IX | 2004 | Rosa Aneiros por Resistencia | Almudena Grandes por Los aires difíciles ("Os aires difíciles") | Jonathan Coe por The Rotters' Club ("O club dos canallas") |
X | 2005 | Pilar Buela por Ácaros verdes | Carlos Fuentes por La silla del águila ("A cadeira da aguia") | Jeffrey Eugenides por Middlesex |
XI | 2006 | Teresa Moure por A xeira das árbores | Álvaro Pombo por Una ventana al norte ("Unha xanela ao norte") | Melania G. Mazzucco por Vita |
XII | 2007 | Isidro Novo por Un escuro rumor tralo silencio | Javier Cercas por La velocidad de la luz ("A velocidade da luz") | Abraham B. Yehoshua por Hakalá hameshajreret ("A noiva liberada") |
XIII | 2009 | María Reimóndez por O Club da Calceta | Vicente Molina Foix por El abrecartas ("O abrecartas") | Haruki Murakami por Umibe no Kafuka ("Kafka na orela") |
XIV | 2009 | Anxos Sumai por Así nacen as baleas | Luis Landero por Hoy, Júpiter ("Hoxe, Xúpiter") | Julian Barnes por Artur & George ("Arthur e George") |
XV | 2010 | Inma López Silva por Memoria de Cidades sen luz | Ignacio Martínez de Pisón por Dientes de leche ("Dentes do leite") | Henning Mankell por Kinesen ("O chinés") |
XVI | 2011 | An Alfaya por Areaquente | William Ospina por El país de la canela ("O país da canela") | Erri De Luca por Il giorno prima della felicità ("O día antes da felicidade") |
XVII | 2012 | Xulia Alonso por Futuro imperfecto | Eduardo Mendoza por Riña de gatos ("Rifa de gatos") | Colm Tóibín por Brooklyn |
XVIII | 2013 | Xavier Queipo por Extramunde | Marina Mayoral por Deseos ("Desexos") | Peter Stamm por Sieben Jahre ("Sete anos") |
XIX | 2014 | Pedro Feijoo por Os fillos do mar | Arturo Pérez-Reverte por El tango de la guardia vieja ("O tango da garda vella") | Petros Márkaris por Pereosi ("Rescisión") |
XX | 2015 | Carlos G. Reigosa por A Vitoria do perdedor | Juan Gabriel Vásquez por Las reputaciones ("As reputacións") | Jöel Dicker por La vérite sur l'affaire Harry Quebert ("A verdade sobre o caso Harry Quebert") |
XXI | 2016[5] | Pedro Feijoo por A memoria da choiva | Javier Cercas por El Impostor ("O impostor") | Colm Tóibín por The testament of Mary ("O testamento de María") |
XXII | 2017 | Xabier Quiroga por Izan o da saca[6] | Sara Mesa por Cicatriz | Pierre Lemaitre por Irène |
XXIII | 2018[7] | Xosé Monteagudo por Todo canto fomos | Fernando Aramburu por Patria | Ralf Rothmann por Im Frühling sterben |
XXIV | 2019 | Marcos Calveiro por O xardineiro dos ingleses | Pedro Mairal por La uruguaya | Han Kang por 채식주의자 (A vexetariana) |
XXV | 2021 | Emma Pedreira por A besta do seu sangue | Carlos Busqued por Magnetizado | Antonio Manzini por 7-7-2017 |
XXVI | 2022 | María Rei Vilas por Flores de Ferro | Sara Jaramillo por Donde cantan las ballenas | Audur Ava Ólafsdóttir por Ungfrú Ísland (A escritora) |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O Instituto de bacharelato Rosalía de Castro celebra a vixésima edición do premio literario Arcebispo Xoán de San Clemente Arquivado 13 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., nova na CRTVG.
- ↑ Entrega de los XXIV Premios San Clemente Rosalía-Abanca Arquivado 20 de marzo de 2019 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 19 de marzo de 2019 (en castelán).
- ↑ "Listaxe de gañadores.". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 09 de abril de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Os títulos en galego son unicamente propostas de tradución do título orixinal.
- ↑ "XXI edición". premiosanclemente.es. Consultado o 08-12-2018.
- ↑ Lemaitre, Sara Mesa y Xavier Quiroga ganan el premio San Clemente, nova en La Voz de Galicia o 8 de novembro de 2016. (en castelán)
- ↑ "Escritores galardoados na XXIII edición". premiosanclemente.es. Consultado o 08-12-2018.