Premio Nacional á Obra dun Tradutor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Nacional á Obra dun Tradutor é unha das modalidades dos Premios Nacionais de Cultura que concede o Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España a un tradutor literario sobranceiro. Ten por obxecto recoñecer a súa traxectoria, en canto que ponte intercultural; valora o desenvolvemente do labor de tradución de obras estranxeiras a calquera lingua do Estado español[1].

Concédese con carácter anual dende 1989[2].

É, canda o Premio Nacional de Tradución de España (outorgado a unha obra concreta publicada o ano anterior), o premio de maior prestixio e dotación (en 2020, unha remuneración de 20.000 €) a nivel estatal no ámbito da tradución literaria.

Premiados galegos[editar | editar a fonte]

En 1992 a ferrolá Esther Benítez Eiroa, tradutora ao castelán, foi a primeira galega premiada con este galardón[3].

En 2020, o cesurés Xavier Senín foi o primeiro tradutor ao galego distinguido co galardón.

Galardoados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]