Prefectura autónoma casaca de Ilí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 44°26′59″N 84°59′09″L / 44.44972, -84.98583

Praza da capital, a ciade de Yining.
Localización de Ilí (vermello) no Xinjiang (alaranxado).

A prefectura autónoma casaca de Ilí (en casaco ىله قازاق اۆتونومىيالى وبلىسى, transcrito: İle Qazaq awtonomïyalıq oblıs; en uigur ئىلى قازاق ئاپتونوم ۋىلايىتى, transcrito: Ili Qazaq aptonom wilayiti; en chinés 伊犁哈萨克自治州; en pinyin Yīlí Hāsàkè zìzhìzhōu), coñecida abreviuadamente como Ilí, é unha prefectura autónoma da República Popular da China, pertencente á rexión autónoma uigur de Xinjiang.

Comparte fronteira internacional coa veciña República de Altai, na Federación Rusa.

Toma o seu nome do río Ilí, que atravesa a prefectura antes de pasar a Casaquistán. A súa capital é a cidade de Yining (tamñen coñecida como Gulja).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada a unha altitude media de 650 msnm, a prefectura autónoma casaca abarca unha superficie de 273 200 km².

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación da prefectura estimábase no ano 2000 en 3 825 600 de habitantes,[1] e en 4 110 000 habitante en 2004, do que resultaba unha densidade de poboación, nese ano, de 15 hab./km².[2]

A capital, Yining contaba con 269 692 habitantes en 2007.

División administrativa[editar | editar a fonte]

A préfectura autónoma de Ilí exerce xurisdición sobrer dúas prefecturas chinesas e, directamente, sobre dez subdivisións: dúas cidades-distrito, sete xián (subdivisión administrativa equivalente ao 'condado' doutros países) e un xián autónomo:

Divisiuóin administrativa da prefectura autónoma casaca.
  • A prefectura de Tacheng — en chinés 塔城地区, en pinyin Tǎchéng Dìqū ;
  • A prefectura de Altai — en chinés 阿勒泰地区, en pinyin Ālètài Dìqū ;
  • A cidade-distrito de Yining — en chinés 伊宁市, en pinyin Yīníng Shì ;
  • A cidade-distrito de Kuitun — en chinés 奎屯市, en pinyin Kuítún Shì ;
  • O xián de Yining — en chinés 伊宁县, en pinyin Yīníng Xiàn ;
  • O xián de Huocheng — en chinés 霍城县, en pinyin Huòchéng Xiàn ;
  • O xián de Gongliu — en chinés 巩留县, en pinyin Gǒngliú Xiàn ;
  • O xián de Xinyuan — en chinés 新源县, en pinyin Xīnyuán Xiàn ;
  • O xián de Zhaosu — en chinés 昭苏县, en pinyin Zhāosū Xiàn ;
  • O xián de Tekes — en chinés 特克斯县, en pinyin Tèkèsī Xiàn ;
  • O xián de Nilka — en chinés 尼勒克县, en pinyin Nílèkè Xiàn ;
  • O xián autónomo xibe de Qapqal — en chinés 察布查尔锡伯自治县 en pinyin Chábùchá'ěr xībó Zìzhìxiàn.

Historia[editar | editar a fonte]

Os zúngaros réndense ao exército manchú en 1755.
Unha iurta no val do Ilí.

O 16 de xaneiro de 1711, 200 000 mongois torghut (en mongol Торгууд, "os da seda"), tribo mongol, o principal grupo dos catro oirates, que formaran un khanato calmuco na rexión do baixo Volga, ao norte do mar Caspio, fuxiron da opresión do tsar do imperio Ruso. Logo dunha longa viaxe a través dos desertos da Asia Central, chegaron 60 000 deles a Ilí,[3][4] a rexión que deixaran un século antes polas tensións que houbera entre as diferentes tribos mongois.

En 1755, o xeneral mongol Bandi, guiado por Amursana en nome do emperador manchú da dinastía Qing, deixou Barkul e marchou sobre Ilí. Alí construíronse cidades e os agricultores animáronse a cultivar ao norte das montañas de Tian Shan (as "montañas celestiais").[5] Os zúngaros rendénronse aos exércitos chineses dos Qing, nas ribeiras do río Ilí.

O 6 de agosto de 1851, a China imperial da manchú dinastía Qing (1644-1912), asinnou en Yining, co Imperio ruso (1721-1917), o tratado de Goulja.

En 1962, contra o final do Gran Salto Adiante de Mao Tsé-Tung, máis de 60 000 habitantes deixaron a prefectura para a marachar á URSS.[6]

Economía[editar | editar a fonte]

En 2006 o PIB total era de 44,5 billóns de renminbis, e o PIB por habitante de 10 345 renminbis.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. East Turkistan Population in 2000 Arquivado 27 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés).
  2. Xinjiang population - Source: China Admin Divisions, 2004 (en inglés)
  3. 土尔扈特部落史 Prfectura autónoma mongol de Bayin'gholin 巴音郭楞蒙古自治州 — Historia da tribo dos Dorbets Arquivado 12 de setembro de 2008 en Wayback Machine..
  4. Grousset 1965, pp. 644-661.
  5. Ram Rahul (2000). March of Central Asia. Nova Delhi: Indus Publishing. ISBN 978-8-1738-7109-2. 
  6. Yang Jisheng (2012): Stèles. La Grande famine en Chine, (1958-1961). Paris: Éditions du Seuil. ISBN 978-2-0210-3015-0, p. 563.
  7. Market Profiles on Chinese Cities and Provinces Arquivado 16 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]