Diocese católica latina de Port Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diocese de Port Vila
Dioecesis Portus Vilensis
Datos xerais
Erixida9 de febreiro de 1901
LocalizaciónVanuatu
Sufragánea deArquidiocese de Nouméa
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

28.500 (11,9%)
240.000
Información
Igrexa particularIgrexa Latina
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
BispoJean Bosco Baremes

A diocese de Port Vila (en latín: Dioecesis Portus Vilensis) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Nouméa. En 2013 tiña 28.500 bautizados sobre unha poboación total de 240.000 habitantes. O seu bispo actual é Jean Bosco Baremes.

Territorio[editar | editar a fonte]

A diocese esténdese sobre todo o arquipélago de Vanuatu. A sé episcopal é a cidade de Port Vila, onde está a Catedral do Sagrado Corazón.

O territorio está organizado en 32 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

As Novas Hébridas acolleron aos primeiros misioneiros en 1848, mais pouco despois deixou de haber presenza católica nas illas durante case corenta ano, o que facilitou a chegada dos misioneiros presbiterianos e anglicanos.

A misión católica foi restabelecida en 1887. O 19 de febreiro de 1901 foi erixida a prefectura apostólica das Novas Hébridas en territorios da vigairía apostólica de Nova Caledonia.

O 22 de marzo de 1904 a prefectura apostólica foi elevada a vigairía apostólica, e o 21 de xuño de 1966 a diocese coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Monnier, Paul (1987). Cent ans de mission: L'église catholique au Vanuatu. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]