Praza de Ourense (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°21′53″N 8°24′19″O / 43.364710094973, -8.4054005707431

A praza de Ourense é un espazo público da cidade da Coruña, situado entre as rúas de Sánchez Bregua e de Linares Rivas.[1] Ata 2016 estivo rotulada oficialmente como praza de Orense.[2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

Como outras prazas do Ensanche coruñés recibiu o nome dunha capital galega. Foi bautizada o 6 de outubro de 1876, o mesmo día que as prazas de Lugo e María Pita.[4]

No número 2 da praza tiña a súa residencia o tenor Miguel Fleta, e nela faleceu en 1938.[1]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Os edificios catalogados na praza de Ourense son:[5]

No interior da praza existe un arboredo tamén catalogado e sitúase ademais o quiosco atribuído ao arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira (1953).[7] Ten 7,5 metros de diámetro e unha estrutura de formigón armado. Próximo ao quiosco hai un busto obra de Emilio de Madariaga en homenaxe ao médico Rodríguez levantado en 1933 cun pedestal de formas vangardistas.[8]

No número 11 da praza localízase a Delegación do Goberno en Galicia.[9]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 García López, pp. 319-320
  2. A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atraso
  3. A Coruña adapta la toponimia de su callejero a la ley
  4. Fernández Camaño, José María. La Coruña vista desde sus libros de actas (en castelán). Vision Net. p. 204. 
  5. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  6. Alonso Torreiro, J. Luis. Los edificios de viviendas en la obra de Faustino Domínguez Coumes-Gay (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2015. 
  7. "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 02 de xaneiro de 2018. 
  8. Fraga, Xosé A. (1-10-2017). "O médico de Monelos que chegou a ser unha das figuras máis populares da Coruña". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2-1-2018. 
  9. Delegación do Goberno en Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]