Praza Stanislas
Coordenadas: 48°41′38″N 6°10′59″O / 48.69389, -6.18306
Place Stanislas, Place de la Carrière e Place d'Alliance | |
---|---|
![]() Vista da Praza Stanislas | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 48°41′38″N 6°10′59″O / 48.69389, -6.18306 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, IV |
Inscrición | 1983 (7ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 229 |
A Praza Stanislas, coñecida coloquialmente como praza Stan, é unha gran praza peonil de Nancy, Lorena, Francia. Dende 1983, o conxunto arquitectónico que comprende a Praza Stanislas, a Praza de la Carrière e a Praza d'Alliance, están incluídas na lista da UNESCO de lugares Patrimonio da Humanidade.
Características[editar | editar a fonte]
Os arquitectos Emmanuel Héré e Jacques-François Blondel foron os encargados do seu deseño. Ten unhas proporcións de (106 x 124 m) e está rodeada polas súas esquinas dunha ferrería monumental recuberta de follas de ouro obra do escultor Jean Lamour. No seu centro, onde outrora se erguía a estatua de Luís XV, hoxe está a estatua en bronce de Stanislas Leszczyński.
A praza é o centro neurálxico e histórico de Nancy, e está rodeada por importantes edificios que ademais forman parte do seu conxunto, como:
- L’Hotel de Ville
- O Hotel da raíña
- O Teatro da Ópera
- O Museo de Belas Artes