Pratibha Gai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pratibha Gai
Pratibha Gai at The Asian Awards.jpg
NacionalidadeIndia
Alma máterUniversidade de Cambridge
Ocupaciónfísica e inventora
PremiosPremio L'Oréal -UNESCO, membro do Institute of Physics, membro da Royal Academy of Engineering, membro da Royal Society of Chemistry, Medalla e Premio Gabor, Dama comandante da Orde do Imperio británico e membro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Pratibha L. Gai, nada en 1948, é unha científica e inventora india, profesora e directora do microscopio electrónico da Universidade York.[1] É química de materiais e especialista en microscopio electrónico de transmisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gai educouse na India onde fixo un máster no Instituto Indio da Ciencia. Doutorose en Física pola Universidade de Cambridge.[2][3]Entre 1981 e 1988 desenvolveu a súa actividade posdoctoral na Universidade de Oxford.[3] Traballou como investigadora na DuPont Corporation en Estados Unidos e foi profesora de ciencia dos materiais na Universidade de Delaware.[4]

Volveu ao Reino Unido en 2007, para formar parte do York JEOL Nanocentre, do que foi codirectora fundadora.[5]É profesora na Universidade de York.[1]

Durante a súa estadía en Oxford desenvolveu novas ferramentas de análise aplicadas que permitiron a aparición do primeiro microscopio electrónico ambiental,[3][4] capaz de observar as reaccións químicas a nivel atómico.[6] Este método de visualización permite observar por primeira vez os atomos da superficie dos catalizadores.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Pratibha L Gai Professor, Dame". University of York. Department of Physics (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  2. "Pratibha L Gai". orcid.org. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Pratibha Gai". The Royal Society. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 James Mitchell Crow (30 de maio de 2013). Royal Society of Chemistry, ed. "Reality microscopy". Chemistry World (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  5. "People". York JEOL Nanocentre, University of York. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  6. 6,0 6,1 UNESCO (ed.). "15e Prix L’Oréal-UNESCO pour les Femmes et la Science, 2013". unesco.org (en francés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  7. "Dennis Gabor Medal and Prize recipients". Institut of Physics (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  8. University of York, ed. (29 de xaneiro de 2013). "University News - Autumn/Winter 2010". Grapevine Online (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2016. The Royal Society awarded the Gabor Medal to Professor Pratibha Gai 
  9. Elizabeth Gibney (14 de febreiro de 2013). "Pratibha Gai’s award-winning focus" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  10. "Dame (DBE) -". Research Database, The University of York. Consultado o 29 de marzo de 2022.