Pranto da Frouxeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Pranto da Frouxeira é un cantar de carácter dramático, escrito en galego, composto a finais do século XV ou comezos do XVI, de autoría descoñecida ata o momento.

Composto de catro estrofas, conmemora o sitio que as tropas dos Reis Católicos inferiron ao nobre galego Pedro Pardo de Cela durante case dous anos, entre 1481 e 1483, no antigo Castelo da Frouxeira (Santa Cilla do Valadouro, Foz), facendo fincapé na derrota do galego pola traizón levada a cabo polo coñecido como Cofano do Valadouro.