Saltar ao contido

Prangli

Prangli
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
93 (2011) censo
169 (2017) balance demográfico Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   6,44 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   9 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap400984 Editar o valor en Wikidata
VIAF254914062 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05c006f Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Prangli (en sueco: Vrangö) é unha illa de Estonia no golfo de Finlandia. Prangli forma parte da parroquia de Viimsi. En Kelnase hai un porto que está conectado por transbordador a Leppneeme, no continente. A vexetación, sobre todo no leste da illa, é principalmente de abetos.

Os primeiros rexistros escritos coñecidos de Prangli datan de 1387. A illa chamábase daquela Rango e fora colonizada por suecos. Sábese que os primeiros habitantes de fala estoniana viviron na illa no século XVII.

O faro de Prangli foi construído en 1923.

En 1941, o barco de vapor estoniano Eestirand naufragou na costa da illa Prangli logo dun ataque aéreo alemán. O Eestirand formaba parte dunha frota de barcos que transportaban tropas soviéticas a Leningrado durante a evacuación soviética de Talín.[1] A tripulación e os recrutas estonianos lograron desarmar o persoal militar soviético a bordo do barco e tomar o control da illa, izando a bandeira da República de Estonia no alto dun piñeiro.[2] A revolta salvou aproximadamente 2.700 recrutas, a maioría deles estonianos, de ser mobilizados a Leningrado. Despois da guerra, un monumento foi colocado na illa en homenaxe aos falecidos na traxedia.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Taylor, Neil (2014). Bradt Travel Guide: Estonia. Bradt Travel Guides. p. 128. ISBN 9781841624877. Consultado o 9 de decembro de 2014.
  2. ↑ Rikken, Kristopher (24 de agosto de 2011). "1941 Steamer Tragedy, Revolt Remembered". Estonian Public Broadcasting. Consultado o 10 de decembro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]